Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA 10ª MOSTRA DA CAMELIA E DO 6º CONCURSO DE FLOR DE CAMELIA 'CIDADE DE NARÓN'
PRESENTACIÓN DA 10ª MOSTRA DA CAMELIA E DO 6º CONCURSO DE FLOR DE CAMELIA 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra os días 21 e 22 de marzo, no Centro Comercial e de Ocio 'Dolce Vita Odeón'.
Narón, 17 de Marzo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, os concelleiros de Medio Ambiente (Manuel Ramos), Festas e Ocio (Mª del Mar Gómez), e Turismo (María Rodríguez Porto) e os directivos da Asociación Galega da Camelia (Tomás Casal –presidente- e Enrique Gómez –secretario-) presentaron hoxe en rolda de prensa a 10ª edición da Mostra da Camelia e o 6º Concurso de Flor de Camelia, que se celebrarán o venres 21 e o sábado 22 de marzo no Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’.

A principal novidade deste ano será a visita de máis dun centenar de congresistas da “International Camellia Society” (Congreso Internacional da Camelia), que acudirán a Narón o venres 21, entorno ás 13:00 horas, para contemplar a mostra. Trátase de visitantes de distintas partes do mundo, entre os que hai australianos, chinos, xaponeses, portugueses, e italianos.

Tamén o venres día 21 (ás 17:00 horas) se celebrará o 6º Concurso de Flor de Camelia ‘Cidade de Narón’, no que se entregarán seis galardóns correspondentes a diferentes categorías:

-Mellor cultivador-expositor.
-Mellor camelia japónica.
-Mellor camelia reticulata.
-Mellor camelia miniatura.
-Mellor híbrido de camelia.
-Mellor exposición artística colectiva.

Ata o de agora, a Asociación Galega da Camelia –organizadora da mostra- ten confirmada a presenza de 32 expositores de Galicia e Asturias pero podería sumarse algún máis posto que aínda está aberto o prazo de inscrición.

A Mostra da Camelia de Narón cumpre nesta edición o seu décimo aniversario, e segue a manter o prestixio que atesoura dende o principio, situándose entre as mellores de Galicia. De feito, conta coa presenza entre os expositores e concursantes de Eusebio López, veciño de Fene, que ten acadado recentemente o maior galardón relacionado con esta flor: a Camelia de Ouro (por segunda vez).

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, aproveitou para felicitar públicamente a Eusebio López por este novo logro na súa traxectoria profesional, na que tamén destaca a creación no ano 2007 da Camelia ‘Cidade de Narón’ -actualmente en proceso de desenvolvemento (xa está rexistrada internacionalmente)-.

Asimesmo, o rexedor lembrou que Narón dispón dun Parque de Camelias, situado no Parque Fluvial do Río Freixeiro e que se comezou a acondicionar ó mesmo tempo que a Mostra da Camelia iniciaba a súa andadura en Narón, no ano 2004. “O inicio desta mostra é paralelo ó inicio da plantación deste parque, que é o gran descoñecido de Narón. Por iso quero facer un chamamento a tódolos veciños da nosa cidade para que se acheguen ó paseo fluvial do Freixeiro a descubrilo” declarou José Manuel Blanco.

Na mesma liña expresouse o Concelleiro de Medio Ambiente, ó sinalar que este parque “temos máis de 200 especies de Camelia, e pensamos que esa colaboración na plantación de camelias debe continuar e incluso extenderse a outras zonas verdes”, declarou Manuel Ramos. A Concelleira de Turismo, pola súa banda, convidou a tódolos veciños de Narón e bisbarra a acudir a Odeón “e contemplar esta mostra porque van saír encantados logo de admirar a beleza destas flores”, comentou María Rodríguez Porto. Tamén a Concelleira de Festas e Ocio desexou que os visitantes disfruten nas camelias este fin de semana “e que o parque de Freixeiro se convirta nun referente, porque queda claro que a traxectoria de Narón está unida á da camelia”, concluíu Mª del Mar Gómez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal