Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLE A ESTREA NACIONAL DA OBRA DE TEATRO 'LOS MÁCBEZ' PROTAGONIZADA POR CARMEN MACHI E JAVIER GUTIERREZ
Se estrea no Pazo da Cultura, con dúas representacións: o venres 20 e o sábado 21 de marzo. As entradas xa están á venta.
Narón, 18 de Marzo de 2014.- O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acolleu hoxe a presentación pública da obra de teatro “Los Mácbez”, que se estreará o venres 20 de marzo no Pazo da Cultura de Narón (ás 20:30 horas), cun segundo pase o sábado 21 de marzo (ás 20:00 horas). Trátase dunha importante coprodución do Centro Dramático Nacional e de Los Mácbez UTE (compañía formada por catro empresas: Siamesas, Carallada Show, Mama Floriana e Asuntos Culturais), e que conta coa colaboración do Padroado de Cultura do Concello de Narón. De feito, durante toda esta semana, a compañía está a ensaiar a obra no escenario onde debutarán o venres. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, resaltou hoxe a importancia de que este espectáculo teatral se estree en Narón, dada a enorme calidade desta obra e do seu elenco artístico. O director de “Los Mácbez”, Andrés Lima, asegurou que é “un orgullo trabajar en Narón, un lugar donde comparten nuestro amor por el teatro. Por eso quiero agradecerles oficialmente su trabajo y su aportación al mundo cultural” declarou. “Los Mácbez” está protagonizada polos coñecidos actores Carmen Machi e Javier Gutierrez, os cales interpretan a un matrimonio ambicioso, que desexa chegar ó máis alto a través dunha loita e dunha ambición sen límites, que os levará ata a locura. O texto orixinal de William Shakespeare está adaptado polo actor e dramaturgo Juan Cavestany, facendo desta obra unha reflexión existencialista sobre os conflictos do ser humano. A venta de entradas supera xa o 50% das mesmas tanto para a función do venres coma a do sábado. O prezo das localidades é de 18 € para o público xeral, e 12,60 € para os abonados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal