Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN CONSIGUE O PREMIO 'PONLE FRENO 2013 Á MELLOR ACCIÓN DE SEGURIDADE VIAL
O CONCELLO DE NARÓN CONSIGUE O PREMIO 'PONLE FRENO 2013 Á MELLOR ACCIÓN DE SEGURIDADE VIAL
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe o galardón no Senado.
Narón, 20 de Marzo de 2014.- O Concello de Narón acaba de lograr o Premio á “Mellor acción de Seguridade Vial” outorgado pola Plataforma Cidadá de Seguridade Vial “Ponle Freno Antena 3 TV”, que xa conta con máis de 100.000 membros. O galardón foi recibido esta mañá polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, de mans do Presidente do Senado, Pío García Escudero.

O premio ten especial importancia posto que foron os propios internautas os que decidiron cos seus votos, outorgar ó Concello de Narón o galardón, respaldando así a súa campaña de Educación Vial e perigos do alcohol ó volante, dirixida a alumnos/as da ESO e Bacharelato. A iniciativa contemplaba a condución dun vehículo cunhas gafas que distorsionan a visión, de xeito similar ó efecto do exceso de alcohol.

Logo de recoller o premio, o Alcalde de Narón asegurou que estas gafas “se deberían de instaurar como iniciativa de prevención do consumo do alcohol ó volante, posto que a través delas podemos comprobar cómo se reducen as capacidades das persoas nestas situacións, e o perigo que supón o binomio alcohol e condución”.

José Manuel Blanco indicou que “é máis que un orgullo estar neste lugar tan importante e representativo da Democracia”, en referencia ó Senado e felicitou ós responsables das outras propostas nomeadas na mesma categoría (un sistema de detección de ciclistas deseñado pola marca Volvo, e unha acción da Garda Civil que logrou deter a un cabalo desbocado que circulaba cun neno por unha autoestrada) .

Ademais asegurou que o premio “é un recoñecemento ás dúas persoas que forman o equipo de Educación Vial, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, que xa lograron en 2011 o premio Ponle Freno na categoría Junior, e tamén ó Concelleiro de Seguridade Vial de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, que tódolos anos consigue que haxa diñeiro para a Educación Vial” comentou o Alcalde.

O Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, felicitou ó Concello de Narón e ó Alcalde “porque sin duda ha sido el justo ganador. Es una campaña que merece destacarse como ejemplo a seguir, sin duda alguna” declarou o Ministro, quen minutos despois acudiu ó Congreso para asistir á votación da nova Lei de Tráfico e Seguridade Vial.

O acto foi conducido polo xornalista Matías Prats e contou coa presenza de personalidades relacionadas coa política e a seguridade vial, coma o Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz; o Presidente do Senado, Pío García-Escudero; a Delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes; a Directora Xeral de Tráfico, María Seguí; o Director Xeral da Policía, Ignacio Cosidó; o portavoz da Comisión sobre Seguridade Vial e Movilidade Sostible no Congreso, Jordi Jané; o Vicepresidente da Comisión de Seguridad Vial do Congreso, Telmo Martín González; o Fiscal Xeral de Seguridade Vial, Bartolomé Vargas; o presidente do xurado e Asesor Xeral de ‘Ponle Freno’, Carlos Sáinz, así como directivos da corporación ATRESMEDIA.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal