Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA PROMOVEN UNHAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A AVESPA ASIÁTICA E UN CURSO DE INICIACIÓN Á APICULTURA
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA PROMOVEN UNHAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A AVESPA ASIÁTICA E UN CURSO DE INICIACIÓN Á APICULTURA
As xornadas se celebran na Biblioteca Municipal do Alto os días 24 e 25 de marzo, con entrada de balde.
Narón, 21 de Marzo de 2014.- A Concellería de Medio Ambiente de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, organiza a través do Servizo Sociocomunitario unhas “Xornadas Técnicas de Educación Ambiental na Apicultura”. Os encargados de desenvolver estas xornadas serán a delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

As xornadas terán lugar na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Municipal do Alto, nas seguintes datas:

1º Luns 24 de marzo (19:00 horas): Charla sobre a “Importancia das abellas e os riscos para o medio ambiente que conleva a avespa velutina”. Poñente: Rafael Díaz, responsable na bisbarra da Asociación Galega de Apicultura. Entre os asistentes repartirase o “Protocolo de actuación contra a avespa velutina” e un novo tríptico editado sobre o tema. Ó mesmo tempo, iniciarase unha campaña informativa na bisbarra sobre os riscos da avespa velutina.


2º Martes 25 de marzo (19:00 horas): Charla sobre “Prevención de riscos na apicultura”. Poñente: Raúl Lobeiras Bañobre, Apicultor e Técnico Superior en Prevención en Riscos Laborais. Falará sobre os riscos no apiario, no transporte e no almacén e local de extracción.

A aparición da “Vespa Velutina” -avespa asiática que invadiu nos últimos anos Galicia a través do transporte de mercadorías- ameaza gravemente ás abellas autóctonas e a un numeroso grupo de insectos polinizadores que están causando un impacto ambiental importante. Estas xornadas, ademais das ponencias técnicas, inclúen unha campaña informativa dirixida á poboación en xeral, por medio dun folleto informativo que explica os perigos e precaucións ante das picaduras da avespa asiática. Esta campaña abarca ó movemento asociativo, centros escolares, centros cívico sociais, e instalacións deportivas.

Ademais, organízase un Curso de Iniciación á Apicultura, que culminará a formación medio-ambiental no ámbito da apicultura. Baixo o título “Técnicas de apicultura natural sostible”, trátase dun curso teórico/práctico de 80 horas desenvolvido de xeito discontinuo para practicar todas as tarefas requiridas na actividade apícola.

Este curso constitúe unha boa ferramenta para poder introducirse no mundo das abellas desde o punto de vista práctico. Para moitas persoas que intentan empezar a súa andaina como apicultores é moi difícil facelo, xa que é bastante difícil encontrar a algúen que ensine este oficio. Comenzará o sábado 26 de abril, e rematará en setembro coa esmelga e preparación da invernada. Os interesados en asistir poden contactar coa Delegación de AGA en Ferrolterra:
Teléfonos.: 981 320 798 / 661 378 960
Correo: dagaferrol@hotmail.com

Tanto as charlas coma o curso de Iniciación á Apicultura están patrocinados pola Concellería de Medio Ambiente, e enmárcanse dentro do seu programa de Sensibilización e Formación Medio Ambiental.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal