Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS CONCELLOS DE FENE, NARÓN E MUGARDOS DESENVOLVERÁN OS CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CELGA A PARTIRES DO DÍA 1 DE ABRIL
OS CONCELLOS DE FENE, NARÓN E MUGARDOS DESENVOLVERÁN OS CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CELGA A PARTIRES DO DÍA 1 DE ABRIL
Narón, 25 de marzo de 2014.- Do 1 de abril ao 28 de maio terán lugar nos concellos de Fene, Narón e Mugardos os cursos preparatorios para os Celga 1, 2 e 4. O curso para o Celga 1 desenvolverase no IES de Fene (Rúa O Pazo, 13-15). O do Celga 2 realizarase no IES As Telleiras de Narón (Estrada Cedeira, km. 1) e o do Celga 4 terá lugar no IES de Mugardos (Rúa O Cristo s/n). O horario dos mesmos será de luns a venres, de 19 a 21 horas.

Segundo informan dende os Concellos organizadores, as persoas que realizaran a preinscrición para algún destes cursos deben confirmar no mesmo Concello no que se preinscribiran que seguen interesadas en facer o curso con anterioridade ás 12 horas do venres 28 de marzo. Esta confirmación pode facerse por teléfono ou por correo electrónico.

As persoas que non se preinscribirán pero que estean interesadas en facer calquera destes cursos poden formalizar a súa matrícula no Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entreplanta dereita, Fene. Tlf.: 981 340 366), no Servizo de Normalización Lingüística – Rexistro Xeral do Concello de Narón ou no Departamento de Cultura do Concello de Mugardos, antes das 12.00 h do venres 28 de marzo.

Para formalizar a matrícula deberán cubrir a correspondente ficha e achegar fotocopia do DNI ou pasaporte.

No caso de que se supere o límite de prazas, as persoas preinscritas que confirmen a matriculación terán prioridade sobre as novas matriculacións.

Cómpre lembrar que para obter os Certificados de Lingua Galega (Celga) non abonda con facer os cursos preparatorios senón que hai matricularse e superar con aproveitamento as probas para a obtención dos certificados acreditativos que se celebrarán o 22 de xuño (CELGA-1), o 15 de xuño (CELGA-2) e o 14 de xuño (CELGA-4).

O prazo para matricularse nas citadas probas remata o 11 de abril. Para matricularse hai que cubrir unha ficha e aboar a taxa que se indica na convocatoria. O procedemento de inscrición está regulado mediante a Resolución do 6 de marzo de 2014 (publicada no DOG Núm. 48 do martes 11 de marzo de 2014).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal