Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS TRES CURSOS DO PLAN AFD 2013
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS TRES CURSOS DO PLAN AFD 2013
Corresponden ás Accións Formativas de Axuda a Domicilio, Axuda a Dependentes e Carpintería. Os cursos teñen xa unha inserción laboral superior ó 50%.
Narón, 27 de Marzo de 2014.- O Concello de Narón acolleu hoxe o acto de entrega dos diplomas do Programa Accións Formativas para Desempregados (AFD) 2013 da Xunta de Galicia. A delegada territorial da Xunta, Belén Docampo, participou na entrega de diplomas xunto co Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez.

En total entregáronse 44 diplomas, correspondentes ós tres cursos AFD desenvolvidos no segundo semestre do ano 2013:

-Curso de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
Celebrado do 01-07-2013 ó 21-11-2013.
618 horas de formación
15 alumnos/as recibiron diploma, e 9 deles atoparon traballo.

-Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Celebrado do 08-07-2013 ó 12-11-2013.
468 horas de formación
15 alumnos/as recibiron diploma, e 11 deles atoparon traballo.

-Curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería.
Celebrado do 03-07-2013 ó 13-11-2013.
538 horas de formación
14 alumnos/as recibiron diploma, e 1 deles atopou traballo.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a importancia da colaboración entre institucións para poder desenvolver iniciativas coma ésta, que contou cun orzamento de 164.607 €. Tendo en conta a taxa de inserción destos cursos e as necesidades do mercado laboral actual, o Concello solicitou para este ano 2014 os tres mesmos cursos desenvolvidos no ano 2013.

O rexedor explicou que actualmente a tasa de inserción destos cursos ronda o 50%, o cal é importantísimo tendo en conta que en Narón o índice de desemprego acércase ós 4.800 demandantes. “As administracións temos que facer o posible para contribuir a reducir esa cifra, e creemos que o mellor que podemos ofrecer á poboación é precisamente darlle formación, porque para atopar hoxe un traballo hai que estar ben formado” asegurou José Manuel Blanco.

O Alcalde tamén lembrou que no Concello de Narón existe un Servizo de Orientación Laboral, e unha Técnica de Emprego para axudar ós demandantes de emprego a completar su perfil laboral e buscar posibles nichos de emprego e incluso autoemprego.

Pola súa banda, a Delegada Territorial da Xunta destacou a importancia dos cursos AFD xa que os alumnos reciben a través deles “unha acreditación teórica e práctica, e son recoñecidos tamén fora de Galicia. Os beneficiarios están a recibir unha formación de calidade, e orientada ó mercado laboral”, indicou Belén Docampo, quen confirmou a intención da Xunta de Galicia de “continuar realizando estos cursos, e mesmo incrementar o orzamento para desenvolvelos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal