Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A GALA SOLIDARIA A FAVOR DA ASOCIACIÓN ALBA PÉREZ, DE LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A GALA SOLIDARIA A FAVOR DA ASOCIACIÓN ALBA PÉREZ, DE LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL
Se celebra o sábado 12 de abril, coa participación de artistas de toda Galicia. As entradas xa están á venta nas taquillas do Pazo, ó prezo de 5 euros.
Narón, 3 de Abril de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a “Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil”. O evento está organizado pola delegación galega desta asociación -coordinada pola estilista Mónica Cereijo- en colaboración co Concello de Narón. A Concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, fixo un chamamento hoxe á participación nesta gala, de marcado carácter solidario e cuxa recadación irá destinada integramente á investigación contra esta enfermidade.

As entradas están xa á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura (prezo: 5€) e agárdase a presenza dos seguintes artistas:

-Leo KCH (grupo de Rap)
- Martín Varela (Ilusionista)
-Fran Nogueira (Monologuista e Presentador)
-Bucanero (Dúo Cómico)
-La GuaGua (Animación infantil)
-Payaso Popín
-Susana Seivane
-Fusion Dance (Academia de Baile)
-Dani Ríos (Cantante)
-Víctor Grande (Artista)

Ademáis, haberá numerosos sorteos de produtos cedidos polos colaboradores.

A “Asociación Alba Pérez de Loita contra o cancro infantil” foi creada en marzo do ano 2012 polos pais de Alba, unha nena á que se lle diagnosticou con 5 meses de idade un agresivo sarcoma de Ewing (cancro infantil) e faleceu tras librar unha longa e durísima loita contra a enfermidade, 5 anos despois.

Esta asociación foi creada co único obxectivo de recadar fondos para investigar o cancro infantil e ata hoxe xa ten doado:

-56.000 € ó laboratorio de investigación do Hospital San Joan de Deu de Barcelona.
-200.000 € a Oscar Martínez, investigador e responsable do departamento de Sarcomas do centro Idibell en Barcelona.

Desgraciadamente cada ano se diagnostican 1.200 novos casos coma o de Alba, e segundo a FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) esta enfermidade está clasificada coma rara e polo tanto, practicamente non se destinan fondos públicos para investigala. Por ese motivo, a Asociación Alba Pérez segue loitando para recadar fondos e financiar novas liñas de investigación que permitan encontrar unha cura.

O pai de Alba Pérez ten confirmada a súa presenza na Gala do Pazo da Cultura, o vindeiro sábado 12 de abril. Para entrevistalo, podedes contactar coa organizadora: Mónica Cereijo (teléfono 667 62 66 95).


Pódese colaborar económicamente coa asociación, a través de varias formas:

-Conta corriente: 2100-0638-66-0200191250 (La Caixa)
-Donativos de cuantía libre, a través de tarxeta de crédito:
http://www.migranodearena.org/asociacionalba3
-Donativos de 1 € ó mes, a través de conta corriente ou tarxeta de crédito:
https://www.teaming.net/sialbalucha-yolucho

Para máis información sobre a Asociación, pódese consultar a web oficial:
http://www.asociacionalbaperez.org



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal