Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RECEPCIÓN ÓS CENTROS ESCOLARES QUE PARTICIPARON NA ACCIÓN DE SEGURIDADE VIAL POLA QUE SE GAÑOU O PREMIO 'PONLE FRENO 2013'
RECEPCIÓN ÓS CENTROS ESCOLARES QUE PARTICIPARON NA ACCIÓN DE SEGURIDADE VIAL POLA QUE SE GAÑOU O PREMIO 'PONLE FRENO 2013'
Narón, 7 de Abril de 2014.- A Corporación Municipal de Narón encabezada polo Alcalde, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción ós colexios participantes no programa de Educación Vial polo cal o Concello de Narón gañou o premio “Ponle Freno 2013” na categoría de Mellor Acción de Seguridade Vial.

En total, participaron catro colexios e un instituto de Narón, representados no director e dous alumnos/as por cada centro educativo. Asistiron o IES AS TELLEIRAS, CPR AYALA, CPR SANTIAGO APOSTOL, CPR JORGE JUAN e CPI O FEAL. Cada un deles recibíu de mans do Alcalde unha réplica do premio da plataforma “Ponle Freno”, en agradecemento á súa participación na acción de Seguridade Vial de prevención do consumo do alcohol ó volante, pola cal se logrou o galardón en Madrid.

Como se recordará, esta acción consistíu na simulación dos efectos do alcohol ó volante, a través dunhas gafas que distorsionan a visión de xeito similar a como o fai o alcohol sobre a conducción.

Xunto ós colexios participantes, recibíu tamén unha mención especial o CEIP de A Solaina, por ser o colexio onde se iniciou o programa de Educación Vial xa no ano 2006. Asimesmo, a xerente da Autoescola Balocos –colaboradora nesta acción de educación vial- recibíu o mesmo galardón que os anteriores.

En representación da Corporación Municipal de Narón, estiveron presentes hoxe Guillermo Sánchez Fojo (Concelleiro de TEGA, e responsable de Seguridade Cidadá), Catalina García (Concelleira do PSOE), Pablo Villamar (Concelleiro do BNG), María Rodríguez Porto (Concelleira de Converxencia Galega) e Gonzalo Iglesias (Concelleiro do PP). Ademáis, participaron o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e os responsables do equipo de Educación Vial do Concello, Simón Cabarcos e Pedro Caneiro.

O Alcalde de Narón tomou a palabra para indicar que este acto “supón un recoñecemento unánime da Corporación Municipal á comunidade educativa que forma a educación vial en Narón, integrada polos centros de ensino, o equipo de educación vial municipal e as empresas colaboradoras, e o Concello”. José Manuel Blanco engadíu que a través destas iniciativas “queremos influir na educación vial dos nenos porque ademáis iso incide tamén nas súas familias e incluso nos últimos anos tense reducido o número de accidentes de tráfico en Narón”.

O premio “Ponle Freno 2013” na categoría de Mellor Acción de Seguridade Vial foi otorgado por votación popular a través da web da plaforma Ponle Freno, o que supón un valor engadido posto que “a competencia era dura, porque dun lado tíñamos a dous gardas civís da localidade sevillana de Dos Hermanas, con 160.000 habitantes, e doutro á multinacional Volvo” lembrou o Alcalde, quen agradeceu tamén a tódalas persoas que votaron ó Concello de Narón.

Por último, en nome do equipo de Educación Vial, Simón Cabarcos agradeceu ós centros escolares a súa participación porque “coa vosa implicación, sodes vos os que facedes que todo esto sexa grande”, sinalou. A vindeira acción conxunta do Equipo de Educación Vial terá lugar o vindeiro 6 de xuño, coa celebración da Marcha Ciclista Escolar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal