Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CELEBRACIÓN DO 8 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
CELEBRACIÓN DO 8 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
A Corporación Municipal participou nunha solta de globos na Praza de Galicia, e asistíu á lectura do Manifesto do Pobo Xitano.
Narón, 8 de Abril de 2014.- A Praza de Galicia foi o escenario elixido hoxe para conmemorar en Narón a celebración do 8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Os actos estiveron organizados pola Fundación Secretariado Xitano, e consistiron na solta de globos e na lectura dun manifesto no que se reclama a inclusión e a plena cidadanía das persoas xitanas.

A comunidade xitana recordou, a través deste texto, que a Estratexia Nacional de Inclusión da Poboación Xitana aposta por 4 prioridades nas que se asenta o Estado de Bienenestar: Emprego, Educación, Vivenda e Saúde. Estas catro peticións foron realizadas hoxe, xunto á necesidade “de avanzar na igualdade de trato e non discriminación, e na garantía do dereito a unha imaxe social digna” das persoas de etnia xitana.

Finalmente, esta comunidade lembra que “é imprescindible que todos poñamos o noso empeño, as institucións europeas, os gobernos -estatal, autonómico e locais-, as ONG, a sociedade civil…para avanzar en políticas mías activas de inclusión e no fortalecemento do Estado de Benestar, co fin de garantir a igualdade de oportunidades para todos e reducir a brecha crecente da desigualdade”.

Antes da lectura do manifesto, soltáronse ó aire un grupo de globos dos tres cores que conforman a bandeira do pobo xitano: azul (simboliza o cielo), vermello (o sangue) e verde (a herba).

Este acto contou coa presenza de representates da Corporación Municipal de Narón, encabezados polo Alcalde (José Manuel Blanco), e as Concelleiras de Acción Social (Catalina García) e de Promoción Social (Teresa Sabio), entre outros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal