Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIARÁ PRÓXIMAMENTE UN PROGRAMA DE REPARACIÓN E MANTEMENTO DOS PARQUES INFANTÍS
O CONCELLO INICIARÁ PRÓXIMAMENTE UN PROGRAMA DE REPARACIÓN E MANTEMENTO DOS PARQUES INFANTÍS
O obxetivo é adaptar estos 50 espazos de xogo á nova Normativa Europea.
Narón, 14 de Abril de 2014.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, ven de contratar a reparación e mantemento dos 50 parques infantís integrados nas zonas verdes e nos colexios do municipio, para adaptalos á normativa vixente e á súa posterior certificación.

En total, o Concello destinará 180.000€ na posta en servizo e no mantemento dos parques infantís durante un prazo de 2 anos. Para levar a cabo as melloras e adaptacións necesarias, o Concello realizou un estudio pormenorizado do estado actual para detectar as deficiencias e realizar as actuacións necesarias para a súa corrección e cumprimento da norma europea.

Estudiouse a capacidade e idoneidade dos parques infantís dende o punto de vista dos seus usuarios (nenos/as, pais e nais, e incluso avós), entendendo o parque infantil coma un punto de encontro dos nenos/as, onde se relacionan, xogan, comparten e experimentan vivencias. Tamén se pretende abrir estas zonas ós espazos verdes, de maneira que se xogue nos bambáns e no xardín, sendo o seu conxunto un espazo para o desfrute e o ocio de tódolos veciños.

As obras de adaptación e mellora comenzarán no mes de maio e planificaranse trimestralmente por barrios. Unha vez finalizadas, tódalas instalacións renovadas quedarán baixo o control exhaustivo de técnicos especialistas para actuar ante calquera incidencia que poida ocasionar un risco para o usuario ou deterioro dos xogos. Tamén quedarán incluídos neste servizo os parques biosaludables existentes en Narón.

Todo o servizo estará baixo o control dun sistema informático novedoso, ó que terán acceso os técnicos municipais e no que quedarán rexistradas tódalas incidencias, traballos e actuacións que se realicen. Ademáis, xeraranse estatísticas coas que se poderán obter datos, tales como as incidencias máis frecuentes por zonas, os elementos de xogo máis problemáticos, a incidencialidade estacional e outra información que servirá para optimizar as áreas de xogo e o seu uso.

Cabe lembrar que Narón está á cabeza dos municipios da provincia con maior número de zonas verdes e de ocio, tendo un parque por cada 580 habitantes, mentres que outros municipios coma A Coruña ten un cada 2.100 veciños.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal