Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CAMPAÑA PARA SEGUIR REDUCÍNDO O NÚMERO DE ACCIDENTES DE TRÁFICO EN NARÓN
CAMPAÑA PARA SEGUIR REDUCÍNDO O NÚMERO DE ACCIDENTES DE TRÁFICO EN NARÓN
A Policía Local informa sobre as normas xerais para circular como peóns pola vía pública e os sistemas de retención infantíl máis axeitados nos automóviles.
Narón, 30 de Abril de 2014.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o Xefe da Policía Local, Eduardo Pita, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para informar da actividade levada a cabo no ano 2013 polos axentes de Policía Local, que suman 35 efectivos na actualidade.

Estes datos recóllense na Memoria Anual da Policía Local, e dos mesmos despréndense dous feitos importantes:

*O descenso nun 20% das denuncias por infraccións de tráfico (pasando de 1.762 denuncias tramitadas en 2012 a 1.407 denuncias tramitadas en 2013).

*O descenso nun 10% no número de accidentes de tráfico (pasando de 300 accidentes no ano 2012 a 272 accidentes en 2013, dos que resultaron 1 persoa falecida por atropelo, 1 ferido grave e 89 leves).

Coa intención de seguir reducindo o número de accidentes nos anos 2014 e 2015, a Policía Local está a traballar na análise das estatísticas dos últimos 5 anos para definir as accións preventivas encamiñadas a ese logro. En especial, estase a traballar na redución do número de atropelos, xa que en Narón nos últimos tres anos son a única causa de morte por accidente de tráfico (1 en 2011, 2 en 2012, e 1 en 2013).

Para iso, púxose en marcha un estudio sobre a sinalización dos pasos de peóns, a súa visibilidade, iluminación, obstáculos, así como a posibilidade de reducir a velocidade en certos tramos de vías. Tamén tense iniciado unha campaña de sensibilización dirixida ós peóns e realizada directamente pola Policía Local, que está a repartir un decálogo de “Normas xerais para a circulación de peóns pola vía pública” en diferentes puntos da Estrada de Castela.

Por outra banda, a Policía Local de Narón (a través do equipo de Educación Vial) e as ANPAS desenvolverán unha serie de Charlas informativas, sobre as modificacións da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (lei que entrará en vigor o vindeiro 9 de maio) . Estas conferencias están dirixidas a tódalas persoas que desexen participar (nais, pais, avós, familiares…) e nas mesmas informarase sobre as modificacións desta lei que afectan á vida diaria nas estradas, coma a obriga de levar no vehículo o sistema de retención infantil axeitado para cada pasaxeiro infantil.

Para coñecer os diferentes tipos de cadeiras infantís de automóvil (grupo 0, grupo 1, grupo 2 e grupo 3) e quen deben usalas instalarase nos colexios de Narón uns Medidores de altura, nos que os nenos/as poderán medirse e informarse sobre ónde e cómo teñen que ir sentados nos vehículos. Tamén poderán usalos as nais e pais, para que saiban en todo momento cómo deben levar ós seus fillos/as.

Próximamente tamén se ofrecerán Charlas dirixidas á 3ª Idade relacionadas con dous temas: A prevención daqueles actos delictivos que se cometen con máis frecuencia, e Normas e consellos para camiñar con seguridade.

Ademáis deste asunto, na rolda de prensa de hoxe tamén participou o Equipo de Educación Vial do Concello de Narón, para informar da súa presenza no Foro Internacional de Seguridade Vial Infantil (FISEVI) que se celebrará na cidade de Montevideo (Uruguay) os días 20 e 21 de maio. Trátase do primeiro encontro deste tipo, que se desenvolverá a través de presentacións e mesas de debate entre gobernos, profesionais da saúde, empresas privadas, ONG’s, educadores e investigadores, todos eles vinculados á Seguridade Vial cun claro enfoque no traballo con e para os nenos.

Os membros do equipo, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, acudirán a este foro convidados pola Fundación Mapfre para dar a coñecer o programa de Educación Vial que desenvolven en tódolos centros de ensino de Narón. En concreto, desenvolverán unha ponencia baixo o título “Programa de Inspecciones de Seguridad Vial en centros escolares de España: la experiencia de Narón”. Para máis información sobre este foro, pódese consultar a web oficial: www.foroisevi.org



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal