Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ACTIVIDADES INFANTÍS NA BIBLIOTECA PARA DIFUNDIR A FIGURA DE DÍAZ CASTRO, AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2014
ACTIVIDADES INFANTÍS NA BIBLIOTECA PARA DIFUNDIR A FIGURA DE DÍAZ CASTRO, AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2014
Terán lugar o luns 12 de maio e para participar é necesario inscribirse previamente. Haberá un contacontos e un obradoiro de pintura e creatividade literaria.
Narón, 1 de Maio de 2014.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (dependente da Concellería de Ensino, que dirixe Mª del Carmen Espada) ven de organizar dous actividades para dar a coñecer ós máis pequenos a figura de Xosé María Díaz Castro –autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014-.

Ambas iniciativas celebraranse o luns 12 de maio na Biblioteca Municipal de Narón, en horario de tarde e con entrada libre. É preciso reservar praza a partires do luns 5 de maio ás 16:00 horas, na propia Biblioteca ou ven no teléfono 981 38 21 73.

As actividades programadas son as seguintes:

-Contacontos “O neno e a estrela” (de 18:00 a 18:30 horas)
-Obradoiro “Renova a camisola” (de 19:00 a 20:30 horas)

A narración oral “O neno e a estrela” está dirixida a nenos/as de 3 a 6 anos, e recolle as aventuras e trasnadas do pequeño Díaz Castro a partir de motivos recorrentes na súa obra Nimbos. Ademáis presenta o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a infancia do poeta.

A actividade “Renova a camisola con Díaz Castro” consiste nun obradoiro de pintura e creatividade literaria sobre camisolas, dirixido ó alumnado de entre 7 e 12 anos. Para esta actividade, pídese ós participantes que traian unha camisola vella, para reciclala. Non obstante, disporase de camisolas para facilitalas a aqueles rapaces e rapazas que non dispoñan de ningunha axeitada para esta actividade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal