Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INSTALA MEDIDORES DE ALTURA NOS COLEXIOS DE NARÓN PARA QUE OS ESCOLARES COMPROBEN CÓMO DEBEN IR SENTADOS NOS VEHÍCULOS
O CONCELLO INSTALA MEDIDORES DE ALTURA NOS COLEXIOS DE NARÓN PARA QUE OS ESCOLARES COMPROBEN CÓMO DEBEN IR SENTADOS NOS VEHÍCULOS
Téñense colocado 14 elementos repartidos entre os colexios de Infantil e Primaria de Narón.
Narón, 6 de Maio de 2014.- O Concello de Narón, a través do Equipo de Educación Vial, ven de instalar Medidores de Altura en tódolos colexios de Educación Infantil e Primaria de Narón (14 en total, contando os centros públicos, os concertados e os colexios rurais agrupados). Ademáis, tense instalado outro medidor na propia Casa Consistorial.

Trátase dun panel informativo de metacrilato, no que os nenos/as poderán medirse e informarse sobre ónde e cómo teñen que ir sentados nos automóviles. Tamén poderán usalos as nais e pais, para que saiban en todo momento qué tipo de sistema de retención infantil é o máis axeitado para ós seus fillos/as.

A instalación destes dispositivos forma parte dunha campaña informativa posta en marcha dende a Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, que ten como obxectivo a redución dos accidentes de tráfico. Outras accións que contempla esta campaña son o desenvolvemento dunha serie de Charlas informativas, sobre as modificacións da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (lei que entrará en vigor o vindeiro 9 de maio) . Estas conferencias están dirixidas a tódalas persoas que desexen participar (nais, pais, avós, familiares…) e nas mesmas informarase sobre as modificacións desta lei que afectan á vida diaria nas estradas, coma a obriga de levar no vehículo o sistema de retención infantil axeitado para cada pasaxeiro infantil. Tamén se ofrecerán Charlas dirixidas á 3ª Idade nas que se detallarán as Normas e consellos para camiñar con seguridade.

Paralelamente, a Policía Local ten iniciado unha campaña de sensibilización dirixida ós peóns a través do reparto dun decálogo de “Normas xerais para a circulación de peóns pola vía pública” en diferentes puntos da Estrada de Castela.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal