Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE DE NARÓN INAUGURA A 2ª XORNADA DE TÉCNICOS EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
Desenvólvese no día de hoxe no Pazo da Cultura de Narón, organizada polo IES Leixa.
Narón, 8 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, inaugurou hoxe a 2ª Xornada de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería, que estase a desenvolver durante esta xornada no Pazo da Cultura de Narón, organizada polo IES Leixa. No acto de inauguración tamén participaron o director xeral de Educación da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira López, o director da Area Sanitaria de Ferrol, Angel Facio, a directora do IES Leixa, Ana Roel Ares, e a Tenente de Alcalde de Ferrol, Susana Martínez Galdós. O Alcalde de Narón deu a benvida ós participantes nesta xornada, que suman cerca de 400 persoas procedentes de diferentes puntos de Galicia. José Manuel Blanco recalcou o papel fundamental que ten a Enfermería hoxe en día “e que resulta de vital importancia nos tempos que corren. Os profesionais desta rama precisan dunha formación continua para afrontar os novos retos que encaran no seu dia a dia, e por iso xornadas coma esta constitúen unha excelente oportunidade para o intercambio de experiencias e formación” asegurou o rexedor naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal