Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
Homenaxearase a Díaz Castro a través de contacontos e obradoiros de pintura e creatividade literaria, ademáis da celebración do XXV Certame Intercentros.
Narón, 8 de Maio de 2014.- A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa a programación de actividades que desenvolverá o Servizo de Normalización Lingüística, para dar a coñecer a figura de Xosé María Díaz Castro (autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014) entre os máis pequenos. A edil estivo acompañada nesta convocatoria pola técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Adela Pita.

As accións que desenvolveranse para conmemorar as Letras Galegas 2014 son as seguintes:

-Contacontos “O neno e a estrela” dirixido a nenos/as de 3 a 6 anos. Trátase dunha narración oral que inventa as aventuras e trasnadas do pequeno Díaz Castro a partir de motivos recorrentes na súa obra Nimbos. Asimesmo, presenta o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a infancia do poeta.

Esta narración oral terá lugar:

*O luns 12 de maio de 18:00 a 18:30 horas na Biblioteca Municipal do Alto (é preciso reservar praza na Biblioteca).
*O martes 13 de maio nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.

-Obradoiro “Renova a camisola con Díaz Castro”. Esta actividade consiste nun taller de pintura e creatividade literaria sobre camisolas, dirixido ó alumnado de Primaria e Secundaria.

Desenvolverase en dous lugares:

*Para nenos/as de 7 a 12 anos, na Biblioteca Municipal de Narón o luns 12 de maio, de 19:00 a 20:30 horas (é preciso reservar praza na Biblioteca).
*Para o alumnado da ESO nos seguintes centros escolares:
-O Feal: luns 12 de maio
-Jorge Juan: martes 20 de maio
-Santiago Apóstol: desenvolveuse o martes 6 e hoxe 8 de maio.

-Celebración do XXV Certame Intercentros do Concello de Narón, o venres 16 de maio no Auditorio da Praza de Galicia, organizado polo CEIP Ponte de Xuvia.

Outra das actividades promovidas polo Servizo de Normalización Lingüística é o Curso básico de curtametraxes e blogs, que pretende ser unha iniciación á creación audiovisual ao redor do proxecto “O nobelo do tempo” de recollida e reelaboración da tradición oral. O curso é para maiores de 18 anos.

O obxectivo deste curso é formar xente capaz de levar adiante as súas pequenas pezas audiovisuais, e facerlles ver a riqueza do imaxinario popular para a construción de historias. Para iso, ó longo do curso realizaranse unha ou varias curtametraxes, baseadas no material previamente recollido en “O nobelo do tempo”. Segundo explicou a Concelleira de Educación, neste curso “se traballarán nocións básicas de teoría audiovisual para a súa posta en práctica, ao tempo que se aprende a facer e xestionar un blog. Con este curso, trátase de abrir novas portas á formación de persoas de cara ó mercado laboral, ofrecéndolles coñecementos que poden ser de moita utilidade” indicou Mª del Carmen Espada.

Este curso desenvolverase na Aula CEMIT de Xuvia do 28 de maio ó 27 de xuño, os mércores e venres de 18:30 a 20:30 horas, cunha duración total de 20 horas. Existen 20 prazas dispoñibles, e as persoas interesadas terán que matricularse a partir do 12 de maio no Rexistro Xeral do Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal