O CONCELLO PON EN SERVIZO O PRIMEIRO PARQUE INFANTIL HOMOLOGADO POLA UNIÓN EUROPEA
Está situado na rúa Virxe de Covadonga, en A Gándara, e conta cunha superficie cercana ós 1.000 metros cadrados.
Narón, 9 de Maio de 2014.- Narón conta dende hoxe cun novo parque infantil, situado na rúa Virxe de Covadonga, no barrio de A Gándara. A principal particularidade deste espazo de xogo é que cumpre a normativa 1176 da Unión Europea (UE) sobre seguridade infantil, certificada a través da ENAC (Entidade Nacional de Acreditación).
Este parque é o número 62 do municipio de Narón, o que supón unha media aproximada dun parque por cada 500 habitantes, unha cifra claramente superior á doutras cidades coma A Coruña, que conta cun parque por cada 2.000 habitantes.
O novo espazo de xogo dispón dun bambán de dous asentos planos, un balancín e un tobogán, colocados sobre baldosa de goma de 4 centímetros de grosor, o que permite amortigüar as posibles caídas dos pequenos xogadores. Con este parque súmanse Este espazo complétase cunha zona verde, perfectamente axardinada. Entre ambos suman 985m2 de espazo público, no que o Concello de Narón investiu un total de 32.000€ para a súa posta en servizo.
Xunto a este espazo, existe outra parcela municipal de 3.750m2 de superficie, que o Concello de Narón ten previsto acondicionar no vindeiro ano 2015, para conseguir así unha zona verde de 4.600m2.
A Concellería de Servizos de Narón continuará certificando parques infantís no resto do municipio, para cumprir coa normativa da UE, a pesares de que o 80% dos municipios galegos non a contemplan.
Ademáis da certificación, estes parques infantís someteránse a un mantemento anual, e incorporarán un sistema electrónico de control en tempo real, a través dun sensor situado en cada elemento de xogo (o parque da rúa Virxe de Covadonga xa incorpora este sistema). O sensor actívase ó contacto cun teléfono móvil, que envía á central un resumen das incidencias, traballos e actuacións que se realicen. Incluso se poderán xerar estatísticas coas que se obter datos, tales como as incidencias máis frecuentes por zonas, os elementos de xogo máis problemáticos, e outra información que servirá para optimizar as áreas de xogo e o seu uso.