Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS PROBAS SELECTIVAS PARA CATRO POLICÍAS LOCAIS COMEZARÁN O DÍA TRES DE SETEMBRO
O Concello de Narón fixou para o vindeiro tres de setembro o comezo das probas selectivas que rexirán a provisión de catro prazas de persoal funcionario, Policía Local, vacantes nesta Corporación.
As bases específicas da convocatoria desas prazas foi aprobada pola Xunta de Goberno local do 19 de outubro de 2006 e publicadas no BOP nº 261 do 14 de novembro dese ano. Asimesmo por resolución da Alcaldía do Concello de data cinco de xullo dos correntes fixouse a data de comezo das probas selectivas e a composición do tribunal de selección, publicándose a mesma o 18 de xullo de 2007, no BOP. Cinco serán os exercizos aos que haberán de enfrentarse os aspirantes ás catro prazas convocadas. Unha proba psicotécnica, diversas probas físicas, un exame de coñecementos teóricos e outro de carácter práctico e un exame de coñecemento da lingua galega integran este proceso selectivo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal