Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A SOCIEDADE CULTURAL AREOSA REALIZAN DIFERENTES APORTACIÓNS Ó CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O CONCELLO E A SOCIEDADE CULTURAL AREOSA REALIZAN DIFERENTES APORTACIÓNS Ó CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
Téñense doado máis de 1.000 kllos de carne prodecente de animais de Aldea Nova, e a SC Areosa realiza esta semana unha recollida de alimentos e produtos de hixiene.
Narón, 15 de Maio de 2014.- O Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, ven de informar da doación de 1.194 kilos de carne procedente dun excedente de animais que habitaban no parque do mundo rural Aldea Nova (Sedes), onde a día de hoxe tense conservada unha parella de cada especie.

En total, tense doado 1.093 kilos de carne de porco celta (de 15 exemplares) e 101 kilos de carne de cordeiro (11 cordeiros), que se repartirán entre as 1.400 familias usuarias do Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón. Estes animais foron alimentados con pensos naturais e ecolóxicos, e A matanza e o despece foron realizados de forma gratuita por Distribucións Cárnicas Sanesteban.

Ademáis da colaboración do Concello, a Sociedade Cultural Areosa tamén ven de convocar unha Semana Solidaria co CRS de Narón, tal e como explicou a Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García. Así, dende o luns 12 ata o domingo 18 estase a realizar no Local Social de Piñeiros unha recollida de alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene persoal, con destino ó Centro de Recursos Solidarios, que está xestionado polas ONGs Cáritas e Dignidad.

O presidente Sociedade Cultural Areosa, Bruno Mauriz, explicou que esta iniciativa forma parte do programa de actividades organizado por esta entidade co galo das Letras Galegas 2014, cuxa figura homenaxeada nesta edición é Xosé María Díaz Castro. Os actos que se celebrarán no local social de Piñeiros son os seguintes:

-Venres 16 de maio (20:00 horas): Inauguración da Exposición de Encaixe de bolillos, manualidades e antigüedades. A continuación, representarase a obra teatral “Pim Pam Clow” a cargo da Asociación Areosa, e ó finalizar haberá unha chocolatada.

-Sábado 17 de maio (de 11:00 a 18:00 horas): Maratón de Lectura. Ó finalizar o maratón, farase unha breve reseña biográfica do homenaxeado, Xosé Mª Díaz Castro. A continuación, ás 18:30 horas actuará o grupo de teatro da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) coa obra “A Familia Rufo”. Posteriormente, o fará o Grupo de Canto da ASCM.

-Domingo 18 de maio (ás 18:00 horas): representación teatral da obra “Zombis” a cargo da Sociedade Cultural Areosa. A continuación, actuará a Coral da S.C. Areosa, e regalaranse libros ós nenos/as que participen nas actividades. As celebracións das Letras Galegas 2014 rematarán cunha gran queimada.

Tamén o Centro Educativo e de Estimulación Temprana “Impronta” (ubicado en A Gándara) organiza unha Xornada Gratuita de Contacontos e Actividades, co galo das Letras Galegas 2014, o vindeiro 17 de maio. Ademáis de contos infantís, cancións do mundo e unha charla sobre o acoso escolar, o Centro Impronta promoverá nesa xornada unha Recollida de material escolar para o curso 2014/2015 que se donará ó Centro de Recursos Solidarios de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal