Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O IES AS TELLEIRAS COLLE O TESTIGO PARA ORGANIZAR A 26ª EDICIÓN DO CERTAME INTERCENTROS DE LINGUA GALEGA
O IES AS TELLEIRAS COLLE O TESTIGO PARA ORGANIZAR A 26ª EDICIÓN DO CERTAME INTERCENTROS DE LINGUA GALEGA
O evento cumpríu as súas vodas de prata constatando unha participación aproximada de 2.000 escolares de Narón.
Narón, 16 de Maio de 2014.- O IES As Telleiras organizará o vindeiro ano a 26ª edición do Certame Intercentros do Concello de Narón, cuxa 25ª edición clausurouse hoxe cunha gala celebrada no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. A organización neste ano 2014 correu a cargo do CEIP Ponte de Xuvia.

A participación aproximada de alumnado neste certame rondou os 2.000 escolares de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, dos centros públicos de Narón. Entregáronse os premios correspondentes a dez categorías:

-Murais.
-Conto e conto ilustrado.
-Poesía.
-Narrativa.
-Cómic.
-Teatro escrito.
-Audiovisual.
-Reportaxe xornalística.
-Expresión oral.
-Canción en galego.


Logo da entrega de galardóns, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco tomou a palabra para agradecer ós participantes o seu esforzo e entusiasmo á hora de fomentar o uso da lingua galega. O rexedor lembrou que este certame “ten como finalidade a celebración do Día das Letras Galegas, exaltando a nosa lingua, fomentando a súa normalización e dinamización, e amosando a nosa cultura e a nosa realidade”.

Nesta 25ª edición, o Alcalde de Narón quixo realizar un recoñecemento público a dous persoas relacionadas co ámbito educativo de Narón, que teñen participado dende a primeira edición do Certame Intercentros (no ano 1989) ata hoxe: Braulio Rodríguez Zas (naquel momento director do CEIP A Gándara e actual profesor do IES Terra de Trasancos) e Juan Arribas Rodríguez (tamén antigo mestre do CEIP A Gándara, e actual secretario do CEIP Ponte de Xuvia).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal