Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN RECIBE UN DONATIVO DO GRUPO A CAPELA
A empresa de transportes fai unha aportación económica de 300 euros para combustible.
Narón, 19 de Maio de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para informar da colaboración que ven de ofrecer o Grupo A Capela co Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón, xestionado polas ONG’s Cáritas e Dignidad. Nesta ocasión trátase dun donativo de 300€ realizado pola empresa de transportes ‘Grupo A Capela’, e que servirá para pagar o combustible dos desprazamentos relacionados co reparto de alimentos e enseres do Centro de Recursos Solidarios. “É un granito de area importantísimo, e oxalá tódalas portas nas que chamamos nos ofrecesen a mesma axuda porque necesitamos máis aportacións” declarou Catalina García, quen explicou que esta achega se repartirá en cheques de 30€ que serán empregados por Cáritas e Dignidad no reparto da axuda social. O director-xerente do Grupo A Capela, Elías Paz, declarouse satisfeito por poder colaborar co CRS, asegurando ó respecto que “nos pareceu interesante devolver a través desta forma o que a sociedade nos aporta a nos”. Dende a ONG Dignidad, María Quintía agradeceu o donativo “porque necesitamos esta colaboración para levar os alimentos ata os puntos de distribución” sinalou ó respecto. Tamén a portavoz de Cáritas, Mª Pilar Rodríguez indicou que “é un granito, pero moitos granitos fan un graneiro”. Na actualidade, o Centro de Recursos Solidarios atende aproximadamente a 1.400 familias de Narón e doutros puntos da comarca. A axuda se distribúe dende a nave central, en Freixeiro, ata as parroquias (a través de Cáritas) e o local de Dignidad, en Ferrol.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal