Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA IX CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN' E DAS IV XORNADAS DE TURISMO ACTIVO
PRESENTACIÓN DA IX CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN' E DAS IV XORNADAS DE TURISMO ACTIVO
Organizadas polo Moto Club Fojeteiros, se celebran os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño.
Narón, 22 de Maio de 2014.- O municipio de Narón albergará os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño a IX Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ e as IV Xornadas de Turismo Activo, organizadas polo Moto Club Fojeteiros. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa polo presidente desta entidade, José López Quintián, quen estivo acompañado polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e as concelleiras de Deportes e Turismo, Natalia Hermida e María Rodríguez Porto. Agárdase a participación aproximada de 600 moteiros/as procedentes de toda Galicia e resto de España.

O programa desta IX Concentración Moteira é o seguinte:

VENRES 30 DE MAIO:

-18:00 horas: Inauguración e apertura de inscricións.
Mercadillo moteiro e atraccións infantís.

-22:00 horas: Concertos musicais a cargo dos grupos da comarca “Emanens” e os “Trailer Park Boys Band”.


SÁBADO 31 DE MAIO:

-10:30 horas: Apertura de inscricións.

-11:00 horas: Ruta mototurística ata o municipio de Moeche, onde se visitará o Castelo Medieval. Regreso ás 14:00 horas para comer.

-17:00 horas: Exhibición acrobática no Polígono de Río do Pozo a cargo de Emilio Zamora, piloto oficial da escudería Ducati. Ó finalizar a súa actuación, sortearase entre o público asistente unha mini-moto firmada polo acróbata.

-Xogos populares durante a tarde no Paseo Marítimo de Xuvia, para tódolos públicos.

-21:00 horas: Cea na carpa do Paseo Marítimo de Xuvia, e entrega de trofeos.

-23:00 horas: Desfile das Antorchas, ó longo da Estrada de Cstela, na que se rinde homenaxe ós compañeiros falecidos. Ó regresar, procederase á lectura do Conxuro da Queimada a cargo do Bruxo Xoan, con degustación gratuita para tódolos presentes.

-Festa moteira cos DJ’s Dreamer.


DOMINGO 1 DE XUÑO:

-Desayuno moteiro

-9:30 horas: I Ruta de Enduro (novidade este ano).

-11:00 horas: Ruta Mototurística ata o Concello de Valdoviño.

-14:30 horas: Xantar na carpa, sorteo de regalos entre os inscritos e despedida.

Ademáis, durante os tres días que dura a Concentración Moteira, disporase dun lugar para a recollida de alimentos non perecedoiros cuxo destino será o Centro de Recursos Solidarios (CRS) do Concello de Narón.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal