Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E CÁRITAS PARA REALIZAR UN CURSO DE ELECTRICIDADE DIRIXIDO A DESEMPREGADOS
A Fundación Endesa impartirá o curso no Centro de Formación Municipal de A Gándara.
Narón, 26 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta de Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol, Josefina Rebés, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización do “Curso de operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios”, que se desenvolverá a partires de mañá no Centro Municipal de Formación ‘Irmáns Froilaz’ (A Gándara), impartido pola Fundación Endesa. Este curso está dirixido a desempregados usuarios de Cáritas, e que forman parte dos programas de inclusión social. En conxunto, serán 13 alumnos os que se beneficien destas ensinanzas, nestas instalacións cedidas expresamente para tal fin. “Temos que agradecer especialmente ó Concello de Narón a súa disposición para colaborar con Cáritas sempre que solicitamos a súa axuda. Especialmente nesta ocasión, que nos ceden as aulas de formación porque non hai na comarca ningunha outra instalación destas características” declarou Josefina Rebés. A presidenta de Cáritas en Ferrol engadíu que neste municipio “sempre atopamos facilidades, cercanía e un gran apoio”. Pola súa banda, o Alcalde de Narón destacou a importancia da colaboración entre as institucións “porque deste xeito sempre se acada un resultado positivo. Contades con nos para o que necesitedes” declarou José Manuel Blanco. O Concello de Narón cederá a Aula-Taller de Electricidade e a Aula Dixital para impartir este curso, que conta entre os seus alumnos con 6 veciños de Narón. Tamén aportará a colaboración de dous técnicos municipais por se fose necesario algún tipo de axuda ou asesoramento. O obxectivo deste curso de formación é abrir portas de cara ó mercado laboral, tal e como recalcou a presidenta de Cáritas. “Ademáis, nestes momentos tan complicados que estamos a vivir, a formación é fundamental” concluíu o Alcalde de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal