Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO II DESFILE A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
Se celebrará o venres 30 de maio no Auditorio da Praza de Galicia, ás 20:00 horas. A entrada é un kilo de alimentos ou produtos de hixiene, ou un donativo.
Narón, 27 de Maio de 2014.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acolle este venres 30 de maio, a partires das 20:00 horas, o II Desfile Solidario a beneficio do Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón. Tódalas colaboracións e doacións que se recaden irán destinadas a atender ós usuarios/as deste centro, xestionado polas ONG’s Cáritas e Dignidad. As taquillas do Auditorio abrirán unha hora antes do comezo do evento, ás 19:00 horas. Para asistir a este desfile benéfico haberá que aportar 1 kilo de alimentos ou produtos de hixiene, ou ben realizar un donativo voluntario. Ademáis, a organización porá á venda unha serie de rifas (ó prezo de 1 euro) para participar no sorteo de numerosos regalos doados por firmas comerciais de Narón. A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe este evento, acompañada polo presidente de Cáritas Interparroquial de Narón, José Manuel González, e María Quintía, traballadora social de Dignidad. No desfile participarán usuarios e voluntarios de Cáritas e Dignidad, funcionarios do Concello de Narón e representantes políticos, coma o Alcalde, José Manuel Blanco, e as Concelleiras de Acción Social e Turismo, Catalina García e María Rodríguez Porto, respectivamente. Ademáis contarase con varias actuacións musicais, entre elas a Coral de Maiores do Concello de Narón, o grupo de folk ‘Vai rañala meu!’ e o artista Carlos Mosquera ‘Mos’.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es