Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO UN NOVO PARQUE INFANTIL NA RÚA ITALIA, NO BARRIO DO ALTO
ABERTO UN NOVO PARQUE INFANTIL NA RÚA ITALIA, NO BARRIO DO ALTO
Con este espazo contabilízanse xa tres espazos públicos de xogo acondicionados polo Concello e certificados pola Unión Europea.
Narón, 31 de Maio de 2014.- O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, acompañado polo Presidente da AVV de O Alto, Paulino García, inaugurou onte un novo parque infantil, situado na rúa Italia. Trátase do segundo espazo de xogos público que se abre en menos dun mes e que cumpre a normativa 1176 da Unión Europea (UE) sobre seguridade infantil, certificada a través da ENAC (Entidade Nacional de Acreditación).

O Concello invertíu un total de 25.000€ no acondicionamento deste novo espazo, que conta con diferentes elementos de xogo infantil. Nos vindeiros dous meses levaranse a cabo traballos adicionais neste lugar, para acondicionar unha parcela anexa ó parque, cun orzamento de 33.000€ adicionais, co fin de seguir abrindo novas zonas verdes no municipio.

Este parque é o número 63 do municipio de Narón, o que supón unha media aproximada dun parque por cada 500 habitantes. A Concellería de Servizos de Narón continúa certificando parques infantís no resto do municipio. Precisamente onte tamén se lle colocou ó parque infantil da Rúa 25 de Xullo a certificación da UE, convertíndose así no 3º parque infantil que cumpre coa Normativa Europea, posto que a este e ó da rúa Italia hai que sumarlles o parque da Rúa Virxe de Covadonga, aberto o pasado 9 de maio no barrio de A Gándara.

Estes parques infantís someteránse a un mantemento anual, e incorporarán un sistema electrónico de control en tempo real, a través dun sensor situado en cada elemento de xogo que se activa ó contacto cun teléfono móvil, enviando á central un resumen das incidencias, traballos e actuacións realizadas. Incluso se poderán xerar estatísticas coas que se obter datos, tales como as incidencias máis frecuentes por zonas, os elementos de xogo máis problemáticos, e outra información que servirá para optimizar as áreas de xogo e o seu uso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal