Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ASOCIACIÓN ALCER E REPRESENTANTES DO MUNDO DO TEATRO PROMOVEN UNHA CAMPAÑA CON MOTIVO DO DIA DO DONANTE DE ÓRGANOS
A ASOCIACIÓN ALCER E REPRESENTANTES DO MUNDO DO TEATRO PROMOVEN UNHA CAMPAÑA CON MOTIVO DO DIA DO DONANTE DE ÓRGANOS
Repartiranse folletos informativos no Pazo da Cultura, dentro da campaña "Temos mil historias que contar, faite donante".
Narón, 4 de Xuño de 2014.- Con motivo do Día do Donante de Órganos, a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) presentou hoxe a campaña “Temos miles de historias que contar, faite donante” para concienciar á poboación sobre a necesidade de facerse donante en vida. Nesta campaña participan destacadas persoas relacionadas co mundo do teatro, como o dramaturgo naronés José Luis Prieto (dous veces gañador dun premio Max de Teatro), ou cantante e actor Carlos Mosquera ‘Mos’, que hoxe participaron na rolda de prensa celebrada en Narón.

O delegado de ALCER en Ferrolterra, Rafael Rodríguez, explicou que precísanse sumar apoios para que as persoas se fagan doantes de órganos en vida, posto que no ano 2013 houbo 93 doazóns de órganos en Galicia, coas que se realizaron 283 transplantes pero que aínda resultan insuficientes posto que nese ano contabilizáronse 428 persoas en lista de espera para recibir un transplante.

Para concienciar á sociedade desta necesidade, ALCER realizará durante este fin de semana unha campaña mediante o reparto de folletos informativos nos teatros e centros culturais de Narón (Pazo da Cultura), A Coruña (Teatro Rosalía e Teatro Colón) e Santiago (Teatro Principal e Salón Teatro). Nesta iniciativa cóntase co apoio dos protagonistas das obras que se representarán nestes escenarios o fin de semana, coma este sábado no Pazo coa obra “Bye, bye Honey”, dirixa por José Luis Prieto e protagonizada entre outros por Carlos Mosquera ‘Mos’.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, expresou o seu apoio a esta campaña, subliñando que “todos debemos colaborar en salvar vidas, e por iso quero animar a tódolos veciños a que se fagan donantes de órganos”. O rexedor destacou a importancia desta colaboración posto que “unir o teatro coa doazón de órganos é unir esforzos, e deste xeito é como se pode chegar máis lonxe neste tema” asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal