Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COOPERATIVA DE O VAL ACOLLE AS V XORNADAS TÉCNICAS DO PEMENTO DO COUTO
A COOPERATIVA DE O VAL ACOLLE AS V XORNADAS TÉCNICAS DO PEMENTO DO COUTO
A cita é o venres 6 de xuño no Salón de Actos da Cooperativa de O Val, con entrada libre e gratuita.
Narón, 4 de Xuño de 2014.- O Salón de Actos da Cooperativa de O Val acollerá este venres 6 de xuño as V Xornadas Técnicas do Pemento do Couto, organizadas pola Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto en colaboración co Concello de Narón, a AVV de O Couto e a Cooperativa de O Val. A entrada é libre e gratuita, e as ponencias se desenvolverán en horario de mañá.

As V Xornadas Técnicas do Pemento do Couto serán inauguradas ás 9:45 horas pola Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez. Ás 10:00 horas terá lugar a primeira sesión que arrancará coa conferencia “Os pementos de Galicia e a súa relación cos outros pementos de España” a cargo de Cristina Silvar (Doutora da Universidade da Coruña). A continuación, ás 10:45 horas tomará a palabra Adrián Fernández Maceiras (Enxeñeiro Técnico Forestal de Invernadoiros Fertri) para falar sobre “Plásticos e policarbonatos para cobertura de invernadoiros”. Posteriormente abrirase un turno de rogos e preguntas.

Ás 11:45 horas os organizadores e os participantes visitarán un invernadoiro de pementos situado en O Val, e tras a pausa para o café, as xornadas se reanudarán coa segunda sesión, ás 13:00 horas. Será o turno entón de Jesús Sanjurjo (Enxeñeiro Técnico Agrícola de Almacenes Sanjurjo S.L.) quen falará sobre “Abonos para horta e invernadoiro”. A continuación se celebrará outra rolda de rogos e preguntas, e finalmente ás 14:00 horas se clausurarán as xornadas e se despedirá ós asistentes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal