Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESENVOLVERÁ O 3º ENCONTRO MUNICIPAL INTERXENERACIONAL O SÁBADO 28 DE XUÑO NA FEIRA DO TRECE (SEDES)
O CONCELLO DESENVOLVERÁ O 3º ENCONTRO MUNICIPAL INTERXENERACIONAL O SÁBADO 28 DE XUÑO NA FEIRA DO TRECE (SEDES)
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 20 de xuño nas asociacións participantes no Encontro.
Narón, 4 de Xuño de 2014.- A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, en colaboración co movemento asociativo de Narón, está a ultimar a organización do 3º Encontro Municipal Interxeneracional, que se celebrará o sábado 28 de xuño na parcela municipal da Feira do Trece (Sedes).

Este evento diríxese ás persoas maiores e ás súas familias, que poderán participar dunha xornada de convivencia e dunha exposición de traballos e de diversas actividades de activación saudable e demostracións artísticas e expresivas como baile, xogos e actos protocolarios.

O prazo para inscribirse no III Encontro Interxeneracional remata o día 20 de xuño. As persoas interesadas poden apuntarse nas seguintes asociacións:

-Mulleres Rurais de Ferrerías (Xuvia).
-AVV Ceibe de San Xiao.
-AVV Alto do Castiñeiro.
-Club de Anciáns de Piñeiros.
-AVV Virxe de Fátima de Freixeiro.
-Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros.
-Asociación da 3ª Idade da Gándara.
-Asociación 3ª Idade de A Solaina.
-AVV A Solaina.
-AVV Chafarís.
-Asociación da 3ª Idade de Pedroso.
-AVV A Naveira de Doso.
-Fundación Terra de Trasancos.
-Cooperativa de O Val.
-ASPANAES.
-BBTTA.
-Asociación Sociocultural de Minusválidos de Narón.
-Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
-AVV As Regueiras de O Feal.
-Aspanemi.
-AVV Virxe do Mar.

O servizo de transporte é gratuito para os asistentes, e poderán levar a súa comida ou contratala nalgunha das asociacións participantes, promovendo así unha comida compartida.

O Programa de actividades do 3º Encontro Interxeneracional é o seguinte:

10:30-10:45 horas: Cancións de Animación.
10:45-11:05 horas: Musicoterapia.
11:05-11:20 horas: Danza oriental.
11:20-11:35 horas: Baile de salón.
11:35-11:50 horas: Cantareiras.
11.50-12:05 horas: Sonidos de amor.
12.05-12:20 horas: ‘Locomía’.
12:20-12:35 horas: Guitarra.
12:35-12:50 horas: Baile moderno.
12:50-13:10 horas: Final ‘Xogos Olímpicos’.
13:10-13:30 horas: Coral Municipal.
13:30 horas: Agradecementos.

14:00-16:00 horas: Xantar.

16:00-17:30 horas: Grupo Musical.
17:30-18:00 horas: Zumba.
18:00-19:30 horas: Grupo Musical.


Ademáis destas actividades, durante toda a xornada haberá xogos inchables infantís, exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal