Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DUN MILLAR DE NEN@S PARTICIPARON NA VII MARCHA CICLISTA ESCOLAR ORGANIZADA POLO CONCELLO E AS ANPAS DOS COLEXIOS DE NARÓN
Os escolares percorreron a Estrada de Castela ata chegar ó Paseo Marítimo de Xuvia, onde se celebrou o fin de festa.
Narón, 6 de Xuño de 2014.- O Paseo Marítimo de Xuvia reuniu hoxe a máis dun millar de nenos/as de Educación Primaria dos colexios públicos e concertados de Narón, do colexio Maciñeira de Neda e do Centro Nuestra Señora de Chamorro, que se deron cita para participar na 7ª Marcha Ciclista Escolar, promovida polo Concello de Narón. A pesares de que nalgúns momentos a chuvia fixo acto de presenza, isto non impediu que os ciclistas puidesen completar o percorrido que partíu ás 10:00 da mañá da rotonda situada fronte ó Hipermercado Alcampo e percorreu a Estrada de Castela ata chegar ó Paseo Marítimo de Xuvia. Para regular o operativo de tráfico, contouse coa axuda da Policía Local de Narón, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, o Moto Club Fojeteiros, o Club Ciclista Eskorna Boys e as ANPAS dos colexios participantes. Asimesmo, a Marcha Ciclista estivo patrocinada polas firmas comerciais Gadis, Coca-Cola e Centro Comercial de Narón. Unha vez completado o percorrido, os escolares disfrutaron no Paseo Marítimo dun avituallamento composto por un bocadillo e unha bebida, e tras recobrar forzas organizouse un sorteo de 11 camisetas de ciclista –unha por cada colexio participante- serigrafiadas co slogan “Narón 40 mil razóns” co que se promove a chegada ós 40.000 habitantes. Os colexios participantes nesta cita, coa que se pecha o programa de Educación Viaria escolar 2013/2014, foron os seguintes: CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CPR Santiago Apostol, CPI O Feal, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, CEIP Jorge Juan, CEIP Ponte de Xuvia, CPR Ayala, Colexio Nuestra Señora de Chamorro e CEIP Maciñeira (Neda). O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, tomou a palabra para saudar ós nenos e nenas que participaron hoxe desta festa deportiva, animándoos a continuar con esta afección e emplazándoos a unha nova cita no ano 2015.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal