Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE APOIO Á LINGUA GALEGA 'COMO CHO DIGO':)
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE APOIO Á LINGUA GALEGA 'COMO CHO DIGO':)
Numerosas persoas e entidades de Narón teñen expresado o seu apoio a esta iniciativa, na que se pide ós medios de comunicación que publiquen en galego as declaracións feitas nesta lingua.
Narón, 26 de xuño de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acolleu onte, mércores 25 de xuño, o acto promocional da campaña 'Como cho digo'.

Hai moitas entidades, asociacións, colectivos e persoas que usan con frecuencia o galego, por iso, con esta campaña, Como cho digo ;-), trátase de promover que a lingua galega se visibilice máis nos medios e, polo tanto, que estes a usen, cando menos, para reflectir as declaracións que se fan nesta lingua, para informar dos actos desenvolvidos en galego, para crear información a partir de notas e comunicados redactados na nosa lingua, etc.

Despois da aprobación por unanimidade de todas as organizacións políticas no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua, tivo lugar este acto público no que participaron diversos colectivos e persoas da localidade, sumándose a dicir que queren máis galego na prensa.

Na campaña Como cho digo, creada e impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), e organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Educación, participaron diferentes asociacións municipais, así como persoas con certa presenza nos medios de comunicación do ámbito da cultura como profesorado e responsables da Escola de Actores e Actrices e das diferentes escolas de formación municipais.

Entre as asociacións adheridas a esta campaña están:
-A.VV Gándara
-A.VV Trasancos de Santa Icía
-S.C Areosa de Piñeiros
-A.VV Chafarís do Alto
-A.VV Altea de Xuvia
-A.VV Os Irmandiños do Val
-A.VV O Couto
-Asociación Teatral O Aturuxo de Melpómene.
-Club Tenis de Mesa Cidade de Narón.

Entre as persoas da Escola de Actores e Actrices e demais escolas de formación municipais adheríronse a esta campaña:

Da Escola de Actores e Actrices:
-Iria Ameneiros Corral
-Silvia Casal Sabín
-Juan Carlos Mosquera Fraga
-Pedro Pablo Patiño Peña
-Montserrat Piñón López
-Flor Maceiras

Das demais escolas de formación municipais:
-Emilio José Romero Fabal (CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS)
-Román Romero Franco (GAITA e BAILE DE SALÓN)
-Beatriz Mosquera (ACTIVIDADES TRADICIONAIS)
-Carmen Cagiao Vidal (DEBUXO)
-Zahira Regueira (CANTO e Pandeireta)

Entre os políticos do Concello de Narón participaron no acto:
-A Concelleira de Educación, María del Carmen Espada Cortizas, de TEGA.
-Catalina García Blanco, portavoz do PSOE.
-Teresa Sabio Rodríguez, do BNG.
-María Rodríguez Porto, do Grupo Mixto.

Polo tanto, no acto público do Café Teatro participaron, ademais de representantes municipais, diversas asociacións culturais e deportivas e diversas persoas da localidade a nivel individual, que certificaron todas elas a participación na campaña e a petición de que queren que o galego se vexa na prensa. Ademais, proxectouse o vídeo de Como cho digo ;-) e houbo un monólogo de Eva Castro.

Esta campaña estase a desenvolver por toda Galicia. Pódese ver a moita xente coñecida que a apoia e as súas razóns para defender unha maior presenza da lingua galega nos medios de comunicación no enderezo de correo da web Como cho digo http://www.comochodigo.eu/.

Dende o Concello tamén vaise enviar un escrito aos medios de comunicación no que se declara que nos gustaría que o galego se visibilizase máis na prensa e que o que comunicamos en galego fose transmitido nesta lingua.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal