Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ O DOMINGO 13 DE XULLO A 11ª EDICIÓN DA 'ALTEADA'
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ O DOMINGO 13 DE XULLO A 11ª EDICIÓN DA 'ALTEADA'
As entradas para asistir á Festa de Exaltación do Marisco da Ría xa están á venda.
Narón, 27 de Xuño de 2014.- O Paseo Marítimo de Xuvia celebrará a 11ª edición da Festa de Exaltación do Marisco da Ría “Alteada 2014”, que foi presentada hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, e o presidente da AVV ‘Altea’ de Xuvia, Ramón Silveiro.

A cita terá lugar o domingo 13 de xullo ás 14:00 horas, nunha carpa situada no Paseo Marítimo de Xuvia onde se servirá un menú composto por: Sopa de marisco, Ameixas á mariñeira (da Cofradía de Barallobre), Merluza á cazuela, postre, café e chupito. O xantar estará amenizado polo cantante Jorge Latino.

As entradas teñen un prezo de 20 € e xa están á venda no local social da AVV Altea de Xuvia, en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén se poden reservar chamando ó teléfono 981 39 35 61.

Este evento está organizado pola AVV Altea de Xuvia, e conta coa colaboración do Concello de Narón. O presidente da entidade veciñal agradeceu ó goberno municipal “a atención que nos prestan sempre á hora de organizar esta festa” e recordou a importancia da entrada en servizo da depuradora posto que “a ría saneada sería unha grande empresa que podería dar traballo a moitas familias da comarca”, indicou Silverio. Cabe lembrar que a Alteada naceu coma unha festa para reivindicar o saneamento da ría “e por fin estase vendo a luz ó final do túnel” concluíu o presidente da entidade.

A Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, animou ós veciños e veciñas de Narón “ a participar nesta festa gastronómica, e disfrutar do entorno privilexiado do paseo marítimo de Xuvia” concluíu, non sen antes destacar o excelente traballo que leva a cabo esta entidade veciñal á hora de organizar a Alteada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal