Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RECEPCIÓN ÓS ALUMNOS DO IES TERRA DE TRASANCOS QUE GAÑARON O 'RALLIE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRA' CELEBRADO EN FRANCIA
RECEPCIÓN ÓS ALUMNOS DO IES TERRA DE TRASANCOS QUE GAÑARON O 'RALLIE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRA' CELEBRADO EN FRANCIA
Os estudantes de 1º da ESO resultaron vencedores na súa categoría.
Narón, 27 de Xuño de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado polo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, ofreceron unha recepción ós gañadores na súa categoría do “Rallie Matemático Sen Froiteira” celebrado en maio na localidade francesa de Toulouse.

Trátase dun equipo formado por 7 nenos/as de 1º de ESO do IES Terra de Trasancos, con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos, que acudiron á final do campionato en representación de toda Galicia. A axuda da súa profesora, Consuelo Castro Vázquez -quen os adiestrou durante dúas horas semanais en horario extraescolar e con exercicios para facer na casa- foi imprescindible para que estes mozos/as chegasen tan lonxe.

Pero sen dúbida, os auténticos protagonistas foron os estudantes de Secundaria, que lograron resolver con éxito tódolos problemas de lóxica mental que lles prantexaron, o que os levou a conseguir o trofeo. O Alcalde de Narón felicitoulles por levar o nome do municipio con tanta honra ata Francia, e por ter acadado este excepcional 1º posto na súa categoría.

A súa profesora, Consuelo Castro, tomou a palabra para agradecer ó Concello o seu apoio económico, o que fixo posible terse desprazado ata Toulouse para participar neste campionato europeo. Os responsables municipais entregaron ademáis un obsequio a cada un dos gañadores –dous deles non puideron asistir á recepción- consistente nunha torre de son para escoitar música.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal