Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLEIRA DE ACCIÓN SOCIAL VISITA O PISO TUTELADO DA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO
A CONCELLEIRA DE ACCIÓN SOCIAL VISITA O PISO TUTELADO DA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO
Neste espazo, os usuarios levan a cabo un proxecto de desenvolvemento da súa autonomía persoal.
Narón, 2 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, visitou recentemente un piso tutelado da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, onde se leva a cabo un Proxecto para o Desenvolvemento da Autonomía a través de Vivendas de Inclusión (PRODAVI), impulsado pola Obra Social La Caixa. A vivenda está situada no termo municipal de Narón e foi cedida por un particular para este uso.

O PRODAVI nace da necesidade de dar resposta ás peticións de familias e usuarios/as que demandan un servizo de vivenda transitoria coma un dereito máis, e onde poder levar á realidade os coñecementos adquiridos nun proxecto anterior, denominado “Aprendendo a coñecer” e centrado no desenvolvemento da autonomía persoal e social.

O proxecto de vivenda tutelada naceu no mes de setembro de 2013 e ten como destinatarios a 30 adultos con discapacidade intelectual -con idades comprendidas entre os 20 e os 45 anos-, con necesidade de apoio intermitente ou limitado e con ausencia de problemas graves de conduta. Os beneficiarios do proxecto son 18 homes e 12 mulleres, divididos en grupos rotatorios de 6 usuarios/as que permanecen no piso un período de 3 meses xunto ó mediador. Este último participa como un máis na experiencia, convertíndose nun modelo.

A estancia no piso é de luns a venres de 17:00 a 9:00 horas. O resto do horario (de 9:00 a 17:00 horas) permanecen nas instalacións da Asociación Nuestra Señora de Chamorro. Durante a mañá realizan as actividades do obradoiro ó que pertencen (xardinería, encadernación, montaxe, serigrafía, creatividade e carpintería) e pola tarde asisten en grupo ás actividades preparadas pola responsable do proxecto, e que están encamiñadas á preparación para a vida independente.

O PRODAVI ten como principal obxectivo prestar os apoios e o acompañamento necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas con
discapacidade intelectual que desexan vivir de xeito independente. Este programa lles ensina a adquirir os coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para a realización das tarefas e actividades do fogar, e para unha axeitada hixiene persoal. Os usuarios tamén aprenden a coñecer e manexar as xestións e gastos dunha vivenda, e a administrar o diñeiro axeitadamente. Ademáis, mediante este proxecto desenvolven as habilidades necesarias para crecer como persoas e saber relacionarse. O PRODAVI tamén ofrece apoio psicosocial ás familias.

Para alcanzar estes obxectivos, lévanse a cabo diferentes actividades coma este proxecto de desenvolvemento da autonomía a través de vivendas de inclusión. Ata o momento, teñen pasadao un total de 18 usuarios polo piso de Narón, e os resultados son totalmente satisfactorios.

En termos xerais, estas son as valoracións realizadas polas familias e os usuarios:
-O 100% considera que o PRODAVI lles axudou a ser máis autónomos.
-Máis do 80% considera que as actividades programadas fora da entidade lles resultaron útiles.
-Máis do 90% valora como moi positiva a convivencia cos seus compañeiros.
-Máis do 95% quere volver a vivir esta experiencia.

A Asociación Nuestra Señora de Chamorro é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, fundada por pais e nais de persoas con discapacidade intelectual o 31 de outubro de 1964, como resposta á carencia de Centros de Atención Específica para este colectivo na comarca de Ferrolterra. Na entidade lévanse a cabo numerosos Programas e Proxectos que comparten o obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Actualmente xestiona un Centro de Día e un Centro Ocupacional, coa finalidade de atender a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, contribuíndo á mellora do seu desenvolvemento social, persoal e laboral, proporcionando os apoios necesarios con profesionalidade e calidade na comarca de Ferrolterra.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal