Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ESCRITOR VICENTE ARAGUAS SERÁ O PREGOEIRO DA 16ª FESTA DO PEMENTO DO COUTO, QUE SE CELEBRARÁ O DOMINGO 20 DE XULLO
O ESCRITOR VICENTE ARAGUAS SERÁ O PREGOEIRO DA 16ª FESTA DO PEMENTO DO COUTO, QUE SE CELEBRARÁ O DOMINGO 20 DE XULLO
Distinguirase ó perruqueiro Antonio Calvo co Pemento de Honra da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.
Narón, 3 de Xullo de 2014.- A 16ª Festa do Pemento do Couto celebrarase o domingo 20 de xullo, no parque situado xunto ó Local Social Municipal de O Couto. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, acompañada dos representantes das entidades organizadoras: Anselmo Beceiro, presidente da AVV do Couto, José Manuel Leira, xerente da Cooperativa de O Val, e Tomás Casal, membro fundador da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.

O programa de actos da Festa do Pemento do Couto é o seguinte:

-10:00 horas: Mercadillo e Mostra de produtos do campo.

-12:00 a 13:30 horas: Apertura ó público do Mosteiro do Couto, e visitas guiadas.

-13:00 horas: Pregón a cargo do escritor Vicente Araguas, destacado poeta, narrador, tradutor e crítico literario.

-13:30 horas: Nomeamento do novo membro da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto. Nesta ocasión distinguirase co Pemento de Honra ó perruqueiro naronés Antonio Calvo, gañador de varios premios Fígaro, os galardóns internacionais máis importantes do mundo da perruquería.

-14:00 horas: Xantar composto por churrasco con Pementos do Couto (serviranse perto de 100 quilos de pementos) e cachelos, pan, auga, viño e café ó tizón. As entradas teñen un prezo de 12 euros, e xa están á venda (pódense adquirir nos locais sociais municipais de O Alto e O Couto, na Cooperativa de O Val, e no 3º andar do Concello). Hai 400 localidades á venda.

-16:30 horas: Concurso da cesta de produtos do campo mellor presentada.

-18:00 horas: Baile amenizado por un grupo musical.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal