Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMENZA A RUTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO E O TOMATE NEGRO DE SANTIAGO
Do 10 ó 19 de xullo poderanse degustar gratuitamente tapas elaboradas con estas hortalizas, nos 23 establecementos de hostelería participantes no programa 'Horta de Narón'.
Narón, 9 de Xullo de 2014.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e o Presidente da Cooperativa de O Val, Benito Castro, presentaron hoxe en rolda de prensa a Ruta Gastronómica, que terá lugar do 10 ó 19 de xullo en establecementos de hostalería de Narón. En concreto, un total de 23 locais téñense sumado a esta campaña, promovida polo Concello e a Cooperativa do Campo Galego O Val, en colaboración co Consello Regulador da D.O. Ribeiro dentro do programa ‘Narón Gastronómico’ co obxectivo de promocionar ambas hortalizas procedentes da horta de Narón e dinamizar o sector hostaleiro. A relación de establecementos participantes nesta ocasión é a seguinte: -Restaurante Fortunato (Santa Icía) -Tokiño (Santa Icía) -Romero II (Virxe do Mar) -Cervecería Vintage (A Gándara) -Cervecería Australian (A Gándara) -Cervecería Indalo (A Gándara) -Cervevería New Orleans (A Gándara) -Cervevería Urban (A Gándara) -Restaurante El Refugio (O Alto) -Cervecería El Mercado (O Alto) -Parrilllada El Mercado (O Alto) -O Petisco (Freixeiro) -Restaurante O Pote (Freixeiro) -Mesón O Pío (Piñeiros) -Silver 200 Monjes (Piñeiros) -Vinatería Philadelphia (Piñeiros) -Gastro-Bar Piñeiros (Piñeiros) -O Paseo (Xubia) -Restaurante A Trasanquesa (Sedes) -Restaurante Casa Pendás (Sedes) -Romero I (San Mateo) -Café-Bar Marinito (O Val) -Xatova (O Val). Os establecementos participarán con unha ou varias tapas, que se servirá nas datas antes sinaladas entre as 13.00 e as 15.00 h e das 20.00 á 22.00 h. Os negocios que o desexen poderán alongar os horarios e ofrecer as tapas durante máis tempo. As tapas serán gratuítas, de libre creación e estarán elaboradas con produtos de calidade, tendo que incluír necesariamente o Pemento do Couto ou o Tomate negro de Santiago, ou ambos á vez, tratando de exaltar o sabor e propiedades destas dúas hortalizas. As persoas que se acheguen aos establecementos inscritos nas xornadas poderán participar nun sorteo de cestas con produtos da horta e viño da D.O. Ribeiro e dúas escapadas enogastronómicas con estancia nunha casa de turismo rural, se consumen a tapa típica das xornadas e depositan o cupón cos seus datos na urna correspondente. Todos os hostaleiros que participen na ruta disporán dunha urna e tarxetas para que os seus clientes poidan participar no sorteo. As escapadas enogastronómicas para dúas persoas comprenden: noite e almorzo no Hotel Rural de Bodega Viña Meín (Leiro); cea ou comida en gastro-bar O Birrán (Ribadavia), visita a bodega e entrada a túnel de viños (máis de 15 de referencias D.O. Ribeiro) en Igrexa da Madalena. Os fins de semana a elexir son: 8-9 de agosto, 23-24 de agosto, 5-6 de setembro; 20-21 de setembro. Para proxectar e dar a coñecer os produtos da terra fóra da comarca, farase unha presentación e degustación posterior con presencia dos medios de comunicación xeneralistas e especializados do Pemento do Couto e o Tomate Negro nun dos restaurantes máis emblemáticos de Pontevedra, “O Eirado da Leña”. Membro da prestixiosa asociación culinaria galega Grupo Nove, o chef Iñaki Bretal é un dos cociñeiros mellor posicionados no sector a nivel global. Con motivo da iniciativa “Horta de Narón”, Iñaki Bretal elaborará creacións exclusivas a base destas dúas hortalizas do campo naronés. “Horta de Narón” rematará o domingo 20 de xullo coa tradicional Festa do Pemento, na que se dan cita produtores, comercializadores, establecementos de hostalería e público en xeral para poñer en valor e gozar desta hortaliza. O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago son dous produtos locais de gran calidade que actualmente cultiva e comercializa a Cooperativa do Val, na súa aposta pola recuperación e posta en valor de variedades autóctonas. A Cooperativa produce desde hai anos o Pemento do Couto, unha hortaliza xa consolidada na mercado, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida e que se caracteriza polo seu excelente sabor e propiedades, entre elas, a súa docura e que non pica. Actualmente, a Cooperativa conta con 13 produtores e unha superficie comercial de 24.000 m2 de cultivo de pemento, o que se traduce nunha producción de 140.000 bolsas (de 400 grs) de pemento ó ano. Continuando polo camiño da recuperación e revalorización das hortalizas locais, desde o ano 2012 a Cooperativa do Val produce o Tomate Negro de Santiago, un tomate cun alto grao de azucres e acidez e excelente sabor que se está introducindo pouco a pouco con moito éxito. Os produtores da Cooperativa de O Val teñen actualmente 1.500 m2 de prantación deste tomate.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal