Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A AVV DE PIÑEIROS ORGANIZAN O II ENCONTRO DE RONDALLAS E O X ENCONTRO DE BANDAS DE GAITAS 'MEMORIAL LOLETE'
Levaranse a cabo os días 12 e 13 de xullo, no Campo da Festa de Piñeiros.
Narón, 10 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodriguez Porto, e o presidente da AVV de Piñeiros, José Pita, presentaron hoxe en rolda de prensa o fin de semana musical que se celebrará no Campo da Festa de Piñeiros, onde se instalarán 300 cadeiras para os asistentes ós actos. As celebracións comenzarán o sábado 12 de xullo, co Encontro de Rondallas ‘Cidade de Narón’ no que participarán as agrupacións Sonidos del Alba, Trovadores de Ares e Lucero del Alba. Este evento está organizado pola Concelleira de Turismo, en colaboración coa Concellería de Festas. Antes de que suban ó escenario as rondallas, ás 20:00 horas comezará o acto coa actuación do grupo musical Formación Rosas. Inicialmente tamén estaba prevista a actuación de varios conxuntos musicais da zona o día anterior (venres 11 de xullo) pero finalmente tivo que ser suspendida ó non haber grupos suficientes. O domingo 13 de xullo, se celebrará o X Encontro de Bandas de Gaitas ‘Memorial Lolete’ baixo a organización da AVV de Piñeiros. Comenzará ás 11:30 horas coa actuación da Banda de Gaitas ‘Alvaro Cunqueiro’ de Lago, despois actuará a Banda de Gaitas ‘San Vicente de Barrantes’ de Tomiño (Pontevedra), e finalmente a Banda de Gaitas ‘Agarimo’ de Catabois. A continuación ás 13:30 horas terá lugar a VII Festa do Churrasco, co seguinte menú: mexillóns, churrasco, lisco, chourizo criollo, pan, viño, auga, gaseosa, xeado, café e queimada. O prezo é de 15 € por persoa, e para finalizar esta festa gastronómica actuará o “Dúo Maracuyá”. O presidente da AVV de Piñeiros agradeceu “a colaboración que presta o Concello de Narón na organización destes actos”, comentou José Pita.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal