Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RECIBIMENTO ÁS CATRO NENAS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN, DENTRO DO PROGRAMA 'VACACIÓNS EN PAZ'
RECIBIMENTO ÁS CATRO NENAS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN, DENTRO DO PROGRAMA 'VACACIÓNS EN PAZ'
O Concello colabora con este programa de acollida dende o ano 1997.
Narón, 14 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Acción Social, Catalina García, recibiron hoxe no Concello a catro nenas do Sáhara que están a disfrutar do verán en Narón con familias de acollida. O rexedor agradeceu ás familias a súa sensibilidade “especialmente nestes momentos de incertidume económica, nos que a vosa solidariedade é digna dun recoñecemento público” indicou.

As 4 nenas que este verán viaxaron a Narón viven nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Arxelia), e forman parte do programa “Vacacións en Paz” promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, coa que o Concello de Narón colabora dende o ano 1997. Actualmente, existe un convenio dotado dunha partida económica de 5.000€ coa que se financia a viaxe das rapazas neste ano.

O programa “Vacacións en Paz” é un proxecto de acollida temporal de menores saharauis, que se ven desenvolvendo dende 1996 e que permite, durante os meses de xullo e agosto, que nen@s de 8 a 12 anos saian dos Campamentos de Refuxiados e veñan a distintos puntos de Galicia acollidos por familias que os/as tratan como a un e unha máis da casa.

O programa está promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en colaboración coa Delegación Saharaui en Galicia, cos seguintes obxectivos:

-Ausentarse durante os meses de verán dos campos de refuxiados, xa que alí danse unhas condicións de vida durísimas neste período, superando os 50º de temperatura.

-Dar a todos/as a posibilidade de ter unha experiencia única, coñecer unha nova cultura, un novo idioma, novas costumes, aprendizaxe da lingua castelá e galega…

-Someter ós nenos/as a revisións médicas periódicas, o que lles dará unha oportunidade para crecer máis sans.

-Sensibilizar a través da estancia dos nenos/as á poboación da nosa comunidade sobre a situación do pobo saharaui.

-Suplir as carencias nutricionais necesarias, para que á súa volta, as súas familias biolóxicas consigan sacarlles adiante.

Na recepción celebrada hoxe no Concello tamén participaron os representantes dos grupos políticos municipais e os delegados da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na zona, Benigno López e Maite Martínez, que agradeceron ó goberno municipal a súa colaboración desinteresada durante todos estes anos. nenas recibiron como agasallos unha mochila para levar a súas cousas, e un cheque de 60 € para canxear por material escolar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal