Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NARÓN ACOLLERÁ EN XUÑO DE 2015 O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILES LATINOS
NARÓN ACOLLERÁ EN XUÑO DE 2015 O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILES LATINOS
Tamén se disputará a Copa Promoción para o ascenso de categoría e o XIV Trofeo Cidade de Narón de Baile Deportivo. Agárdase a participación de 600 parellas de baile.
Narón, 18 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, veñen de recibir á directiva da Federación Española de Baile Deportivo, representada no seu presidente, Luis Vañó, e vicepresidenta, Araceli Castaño.

Os responsables desta federación viaxaron ata Narón para asinar un acordo co Concello, para a celebración do Campionato de España de Bailes Latinos os días 20 e 21 de xuño de 2015. Paralelamente, se disputará a Copa Promoción para o ascenso de categoria e o XIV Trofeo Cidade de Narón de Baile Deportivo. En conxunto, o municipio agarda a participación aproximada de 600 parellas de baile.

O Campionato de España de Bailes Latinos estará organizado pola Federación Española de Baile Deportivo en colaboración co Concello de Narón e o Club de Baile Deportivo Narón. Este último conta con 86 licencias de baile, o que o converte no primeiro club de Galicia en número de deportistas federados nesta especialidade, e o segundo de España.

Estas cifras, xunto co interese mostrado polo Club de Baile Deportivo Narón, fixeron que a Federación Española de Baile Deportivo se decantase por este municipio como sede para o Campionato de España de Baile Latino 2015. Na reunión tamén estiveron presentes os directores do club naronés, Román Romero e Sandra García.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal