Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLEIRA DE FORMACIÓN LABORAL VISITA O CENTRO DE FORMACIÓN DE A GÁNDARA, ONDE SE IMPARTEN ACTUALMENTE 6 CURSOS PARA DESEMPREGADOS
A CONCELLEIRA DE FORMACIÓN LABORAL VISITA O CENTRO DE FORMACIÓN DE A GÁNDARA, ONDE SE IMPARTEN ACTUALMENTE 6 CURSOS PARA DESEMPREGADOS
Un total de 80 alumnos/as benefícianse destas ensinanzas, en diferentes especialidades.
Narón, 22 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitou hoxe o Centro Municipal de Formación (A Gándara) onde estanse a impartir distintos cursos dos programas AFD e Habilita 2014. A edil saudou ós alumnos/as destes obradoiros e animoulles a sacar o maior aproveitamento posible destas ensinanzas.

Actualmente estanse a impartir os seguintes cursos de formación:

Programa Habilita 2014
Programa financiado íntegramente polo Concello, son accións formativas de corta duración, aplicables a calquera realidade sociolaboral e/ou imprescindibles para mellorar as competencias persoais e profesionais:

-Prevención de riscos e saúde laboral (60 horas de duración, do 17 de xullo ó 4 de agosto. 15 alumnos)
-Iniciación ó cultivo baixo abrigo (20 horas de duración, do 21 ó 28 de agosto. 10 alumnos)

Ademáis, dentro deste programa están pendentes de empezar dous cursos de Iniciación á maquinaria agroforestal, manual e lixeira, e Mellora de empregabilidade.

Programa AFD 2014
Programa cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Narón. Actualmente impártense os seguintes cursos:

-Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (618 horas, do 1 de xullo ó 18 de novembro. 15 alumnos)
-Montaxe de mobles e elementos de carpintería (540 horas, do 3 de xullo ó 7 de novembro. 15 alumnos)
-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (475 horas, do 7 de xullo ó 6 de novembro. 15 alumnos)

Ademáis actualmente impártese o Curso de Electricista de Edificios (400 horas, do 26 de maio ó 20 de setembro. 10 alumnos) financiado pola Fundación Endesa en colaboración con Cáritas e o Concello de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal