Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PRESENTARÁ ALEGACIÓNS Á REESTRUTURACIÓN DO SERVIZO DE AUTOBUSES PREVISTA POR TRANVÍAS DE FERROL
O CONCELLO PRESENTARÁ ALEGACIÓNS Á REESTRUTURACIÓN DO SERVIZO DE AUTOBUSES PREVISTA POR TRANVÍAS DE FERROL
Narón reclama un estudio económico de viabilidade baseado en cada ruta e consensuado por tódolos concellos afectados, e que se garanta o mantemento de tódalas liñas.
Narón, 22 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Transporte, Mario Isasi, reuníronse hoxe coas asociacións de veciños afectadas polo recorte previsto no servizo de autobuses, e con traballadores da empresa Tranvías de Ferrol. Previamente, os responsables do goberno municipal mantiveron unha xuntanza en Santiago coa Directora Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Mª del Camino Triguero, para falar sobre a reestruturación prevista polo executivo galego.

Os responsables do Concello de Narón transmitiron á representante autonómica as súas demandas respecto a este proxecto, que contempla a redución de frecuencias e incluso a supresión dalgunhas liñas en determinados días. “A valoración da reunión non foi o positiva que esperábamos, porque o que nos dixo a Directora Xeral de Mobilidade é que se non estamos de acordo coa reestruturación, que presentemos alegacións” indicou o Alcalde de Narón.

O prazo de presentación de suxestións é do 16 de xullo ó 4 de agosto, e dende o Concello de Narón se redactarán e presentarán convenientemente en data e forma. Non obstante, o Alcalde de Narón lembrou que con esta proposta de redución do servizo de autobús, a Xunta de Galicia está a incumprir as bases do Convenio de Transporte Metropolitano “onde se fala de mellorar a funcionalidade do sistema ó aumentar a cobertura directa, nunca de reducir e menos de suprimir liñas” indicou José Manuel Blanco.

Este convenio foi asinado polos concellos de Ferrolterra o 27 de setembro de 2010, cunha vixencia que remata o 31 de decembro de 2015. Nese momento, o Concello de Narón valorará a posibilidade de non continuar adherido a este convenio, tendo en conta os planes previstos pola Xunta de Galicia e a súa falla de información respecto a este tema.

De feito, o Concello de Narón non recibiu oficialmente comunicación algunha sobre o plan de reestruturación de Tranvías de Ferrol, deixando a Xunta de Galicia ó marxe dos seus planes a este municipio. “A proposta de solicitude de modificación non está consensuada con Narón porque non

estamos informados dos cambios, senón que enterámonos polos veciños. Polo contrario, a Xunta consensuou a reestruturación con Ferrol, deixando ó marxe a Narón”, declarou o Alcalde.

A Directora Xeral de Mobilidade xustificou a reestruturación do servizo alegando motivos económicos, pero sen aportar datos solventes. “Falounos de desequilibrio económico da concesionaria, pero non se nos ofreceron cifras. Ademáis, dixo que o recorte sería nun 20% das liñas pero este porcentaxe é falso porque é a media de Ferrol. No caso de Narón, o recorte do servizo alcanzaría o 50%” alertou José Manuel Blanco.

Dende o Concello de Narón “estaríamos dispostos a negociar unha redución da frecuencia das liñas se fose preciso, pero en ningún caso a supresión das mesmas, como teñen previsto dende a Xunta de Galicia” asegurou o rexedor. Ademáis, José Manuel Blanco explicou que para valorar a rentabilidade do transporte público de Ferrolterra “habería que analizar liña a liña, e non facer un balance global porque desta maneira benefíciase ás menos rentables en detrimento doutras que teñen máis demanda”.

De levar adiante a proposta de reestruturación do servizo de Tranvías de Ferrol, a situación na que quedaría o transporte público en Narón é a seguinte:

-Liña 1-2: redúcese de luns a venres polas tardes (de 5 a 3 expedicións).

-Liña 1B: redúcese de luns a sábado polas tardes (pasando de circular cada 30 minutos a facelo cada hora) e o domingo desaparece.

-Liña 7: redúcese de luns a sábado (pasando dunha frecuencia de cada hora a dúas horas) e o domingo desaparece.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal