Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS XORNADAS GASTRONÓMICAS 'HORTA DE NARÓN 2014' REMATAN CUN GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN ENTRE OS LOCAIS DE HOSTELERÍA DE NARÓN
AS XORNADAS GASTRONÓMICAS 'HORTA DE NARÓN 2014' REMATAN CUN GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN ENTRE OS LOCAIS DE HOSTELERÍA DE NARÓN
Promocionáronse o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago a través da degustación gratuita de tapas realizadas con estos ingredientes como base.
Narón, 23 de xullo de 2014.- Está mañá celebrouse no Concello de Narón o sorteo das 23 cestas con produtos da terra (unha por cada establecemento participante) e das estancias nunha casa de turismo rural no Ribeiro entre o público que degustou as tapas preparadas dentro das xornadas gastronómicas “Horta de Narón” celebradas do 10 ao 19 deste mes en Narón.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, puxeron de manifesto ao longo do acto o éxito da 2ª edición desta iniciativa enmarcada no Narón Gastronómico para promocionar en Galicia o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago e dinamizar a hostalería local e que contou coa colaboración da Cooperativa do Campo Galego O Val-Narón e o Consello Regulador da D.O. Ribeiro.

As persoas que se achegaron aos establecementos inscritos nas xornadas poideron participar no sorteo das cestas con produtos da horta e viño da D.O. Ribeiro e dúas escapadas enogastronómicas para dúas persoas que comprenden: noite e almorzo no Hotel Rural de Bodega Viña Meín (Leiro); cea ou comida en gastro-bar O Birrán (Ribadavia), visita a bodega e entrada a túnel de viños (máis de 15 de referencias D.O. Ribeiro) en Igrexa da Madalena. Os fins de semana a elexir son: 8-9 de agosto, 23-24 de agosto, 5-6 de setembro; 20-21 de setembro.

A organización poñerase en contacto en breve cos agraciados para comunicar os premios.

Para proxectar e dar a coñecer os produtos da terra fóra da comarca, fíxose o pasado xoves 17 de xullo fíxose unha presentación e degustación posterior con presencia dos medios de comunicación xeneralistas e especializados do Pemento do Couto e o Tomate Negro nun dos restaurantes máis emblemáticos de Pontevedra, “O Eirado da Leña”. Membro da prestixiosa asociación culinaria galega Grupo Nove, o chef Iñaki Bretal é un dos cociñeiros mellor posicionados no sector a nivel global. Con motivo da iniciativa “Horta de Narón”, Iñaki Bretal elaborou creacións exclusivas a base destas dúas hortalizas do campo naronés.

“Horta de Narón” rematou o domingo 20 de xullo coa tradicional Festa do Pemento, na que se deron cita produtores, comercializadores, establecementos de hostalería e público en xeral para exaltar, poñer en valor e gozar desta deliciosa hortaliza.

O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago son dous produtos locais de gran calidade que actualmente cultiva e comercializa a Cooperativa do Val, na súa aposta pola recuperación e posta en valor de variedades autóctonas.

A Cooperativa produce desde hai anos o Pemento do Couto, unha hortaliza xa consolidada na mercado, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida e que se caracteriza polo seu excelente sabor e propiedades, entre elas, a súa docura e que non pica. Continuando polo camiño da recuperación e revalorización das hortalizas locais, desde o ano 2012 a Cooperativa do Val produce o Tomate Negro de Santiago, un tomate cun alto grao de azucres e acidez e excelente sabor que se está introducindo pouco a pouco con moito éxito.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal