Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESENVOLVE OBRADOIROS DE EDUCACIÓN ALIMENTARIA NA BIBLIOTECA DO ALTO
O CONCELLO DESENVOLVE OBRADOIROS DE EDUCACIÓN ALIMENTARIA NA BIBLIOTECA DO ALTO
Están dirixidos a nen@s de 3 a 12 anos de idade, en sesións de 4 xornadas. A pasada semana realizáronse na Ludoteca de A Solaina.
Narón, 29 de Xullo de 2014.- A Concellería de Ensino de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de trasladar os ‘Obradoiros de Educación Alimentaria’ dos centros de ensino de Narón (onde se levaron a cabo durante este curso) á Biblioteca do Alto e á Ludoteca de A Solaina, establecendo dúas franxas de idades para os participantes: de 3 a 6 anos, e de 7 a 12 anos.

Cada Obradoiro de Educación Alimentaria ten unha duración de 4 días, dividido en sesións de 50 minutos. Na Ludoteca de A Solaina celebráronse do 21 ó 28 de xullo, e proximamente se desenvolverán na Biblioteca do Alto, do 4 ó 7 de agosto. Haberá dous horarios: de 10:30 a 11:30 horas (de 3 a 6 anos) e de 12 a 13 horas (de 7 anos en adiante)

Os participantes deberán inscribirse presencialmente na Biblioteca, ou ben chamando ó teléfono 981 38 21 73. Terán prioridade os nenos/as que non houberan participado no Obradoiro da Ludoteca de A Solaina

Programa de actividades dirixido a nenos/as de 3 a 6 anos:
-Lavado de mans
-Froitas e verduras (ensinarase a coñecelas, e fomentarase o consumo de 3 a 5 pezas diarias)
-Os 5 grupos de alimentos no meu prato (para coñecer a importancia de comer variado)
-O almorzo e ¡lava os dentes! (elaborarase un almorzo equilibrado e despois compartirase. Ademáis, falarase da importancia de lavar os dentes despois de cada comida para prevenir a caries derivada do consumo de azucre)

Programa de actividades dirixido a nenos/as de 7 a 12 anos:
-Lavado de mans
-Hixiene alimentaria na cociña (os microbios perxudiciais poden transmitirse a través da comida, e hai que saber cómo evitalos)
-Os 5 grupos de alimentos no meu prato (ensinarase a facer pratos equilibrados que conteñan todos)
-Impacto azucarado e pasapalabra alimentario (falarase dos efectos negativos do azucre na dieta, e comprobarase a cantidade de azucre que teñen as bebidas refrescantes, a bollería industrial e a comida precociñada).

O programa de educación alimentaria xurde da necesidade de educar e concienciar ós nenos/as acerca da importancia de seguir unha dieta equilibrada e variada, e de adquirir hábitos saudables. En cada sesión abórdanse contidos e actividades relacionadas coa nutrición, a hixiene, a seguridade alimentaria e o consumo.

Durante o curso escolar 2013/2014 o alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros de ensino de Narón xa recibiron esta formación, así como pais e nais participantes na Escola de Familia do CEIP de A Gándara.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal