Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SEDES ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA A CELEBRACIÓN DO 16º OENACH ATLÁNTICO
SEDES ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA A CELEBRACIÓN DO 16º OENACH ATLÁNTICO
A festa conta dende esta edición coa declaración de Interese Turístico de Galicia.
Narón, 24 de Xullo de 2014.- Os concelleiros de Turismo e Cultura de Narón, María Rodríguez Porto e Guillermo Sánchez Fojo, presentaron hoxe en rolda de prensa o Oenach Atlántico 2014, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de xullo na parroquia de Sedes.

A 16ª edición deste evento promovido polo Concello de Narón en colaboración co Grupo de Traballo para o desenvolvemento socioeconómico de Sedes, conta por primeira vez coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Dende a área de Turismo, a concelleira agradeceu ós veciños de Sedes a súa colaboración para poder levar a cabo este evento, que implica a un importante número de persoas para a súa realización. Asimesmo, María Rodríguez Porto convidou a tódalas persoas da bisbarra a achegarse ata esta parroquia naronesa para disfrutar dun espectáculo único, que recrea a vida nunha aldea típica castreña.

O Concelleiro de Cultura indicou que a administración municipal ten destinado un orzamento de 20.000€ para o Oenach 2014, ó que hai que sumar os traballos de acondicionamento do entorno para que o evento poida levarse a cabo en perfectas condiciones. “Dende o Concello téñense realizado varias obras nas últimas semanas, coma o amaño da campa de O Trece, a limpeza e desbroce exhaustivos, e reparación das pallozas afectadas polo temporal do inverno” indicou Guillermo Sánchez Fojo, salientando a vontade do Concello de Narón de apoiar este evento nas mesmas condicións que en anos anteriores, cando a situación económica permitía destinar máis cartos.

A este respecto, o tamén Tenente de Alcalde de Narón fixo un chamamento público a outras administracións coma a Xunta de Galicia, para que se involucren máis no Oenach, agora que ten o recoñecemento de Festa de Interese Turístico, igual que fan con outras festas similares.

Non obstante, o Concelleiro de Cultura indicou que o programa do Oenach 2014 mantense “exactamente igual que en anos pasados”, estando previstas as seguintes actividades:


Venres 25 de xullo:

22:30 horas: Recreación de renacemento do Lume Novo solsticial na aldea castrexa.
22:45 horas: Noite de música Galiciana con: Xente Nova (Ferrol) e Xoadeira (Valdoviño)

Sábado 26 de xullo:

11:00 horas: Apertura da campa castrexa con: mercadillo artesán, zona lúdica (xogos xigantes, hinchables, circo, carpas…), artesáns en vivo na campa castrexa, rueiro das tres cuncas (con viños das diferentes denominacións de orixe), obradoiro de cociñado de porco ó espeto e xurelo lañado.

13:00 horas: Parada de etnografía musical, coa actuación da Banda de gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón.

14:00 horas: Oenach gastronómico do porco Celta e o xurelo lañado.

17:00 horas: Obradoiro de deporte rural Galiciano e xogos populares.

22:30 horas: Noite do Castro: recreación teatral no Castro de Eiravedra da obra “Raices de Gaia” pola Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes.

Domingo 27 de xullo:

11:00 horas: Apertura da campa castrexa con: mercadillo artesán, zona lúdica (xogos xigantes, hinchables, circo, carpas…), artesáns en vivo na campa castrexa, rueiro das tres cuncas (con viños das diferentes denominacións de orixe), obradoiro de cociñado de porco ó espeto e xurelo lañado.

12:00 horas: Mostra-exhibición de can de palleiro.

13:00 horas: Parada de etnografía musical, coa actuación do grupo de música e danza tradicional “Alxibeira” do Padroado de Cultura do Concello de Narón.

13:30 horas: Recreación teatral na campa castrexa.

14:00 horas: Oenach gastronómico do porco Celta e o xurelo lañado.

17:00 horas: Exhibición de deporte rural vasco.

19:00 horas: Carreira popular ó Castro de Eiravedra, aberta a tódalas idades. Inscricións 30 minutos antes da carreira.

20:30 horas: Clausura do Oenach.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal