Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS RECIBE UNHA DONACIÓN DE COMBUSTIBLE DE ORTEGAL OIL
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS RECIBE UNHA DONACIÓN DE COMBUSTIBLE DE ORTEGAL OIL
A empresa entrega vales por importe conxunto de 500 euros para financiar os desprazamentos dos voluntarios desta ONG.
Narón, 28 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina Garcia, presentou hoxe a colaboración que levará a cabo a empresa de gasoil Ortegal Oil (que conta cunha estación de servizo no polígono de Río do Pozo) co Centro de Recursos Solidarios. A edil estivo acompañada polo xerente da compañía, Antonio López, e as representantes de Cáritas e Dignidad, Mª del Pilar Rodríguez e María Quintía respectivamente.

A empresa Ortegal Oil realizará unha aportación de 500 € -en vales de combustible de 5 € cada un- para financiar os desprazamentos dos voluntarios do CRS no seu traballo de recollida ou entrega de donacións. A Concelleira de Acción Social agradeceu a colaboración desinteresada desta empresa, que tamén habilitará un espazo na súa estación de servizo para recoller enseres ou alimentos doados por particulares para trasladalos ó CRS.

Asimesmo, continúa crecendo o número de empresas e negocios particulares que se ofrecen a colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón. A Concelleira de Acción Social adiantou que 5 librerías do municipio habilitarán un espazo no seu interior para que os clientes poidan comprar material escolar e donalo ó Centro de Recursos Solidarios. Asimesmo, estase en conversas con 3 moblerías da cidade que tamén están dispostas a colaborar con esta ONG xestionada por Cáritas e Dignidad, baixo a coordinación do Concello.

Catalina García agradeceu tódalas mostras de solidaridade “das entidades e tamén das persoas particulares que, a pesar dos difíciles momentos que vivimos, están facendo aportacións moi importantes” asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal