Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO DO CONCELLO DE NARÓN REXEITA POR UNANIMIDADE O RECORTE DE AUTOBUSES URBANOS PREVISTO POR TRANVÍAS DE FERROL
O PLENO DO CONCELLO DE NARÓN REXEITA POR UNANIMIDADE O RECORTE DE AUTOBUSES URBANOS PREVISTO POR TRANVÍAS DE FERROL
O goberno municipal está disposto a negociar a posible redución do número de viaxes nas liñas que contan con poucos viaxeiros, pero nunca a supresión das liñas.
Narón, 31 de Xullo de 2014.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario do mes de xullo, no que se aprobou por unanimidade o rexeitamento da solicitude de reestruturación presentada por Tranvías de Ferrol, para o servizo de autobuses urbanos. O Concello Pleno manifestou de xeito unánime o seu absoluto rexeitamento á proposta elevada por Tranvías de Ferrol á Xunta de Galicia, en relación a este servizo, e a súa disposición a negociar unha posible redución no número de expedicións de aqueles servizos que contan cun escaso número de usuarios.

Dende o goberno municipal lémbrase que a proposta de reestruturación da concesión non foi consensuada con este Concello, e que dito plan supón a supresión de diversos servizos nas liñas Porto-Neda, Correos-A Faisca (liña 7), Porto-Residencia (liña 1-B) e Porto-Caranza-Residencia (liña 9).

Por ese motivo, rexéitase a eliminación da liña 1-B os domingos e da liña 7 os sábados pola tarde e domingos, posto que deixarían a Narón sen servizo de autobús. Ademáis, proponse a modificacion da liña 9 para que, en lugar de pasar pola Avenida Nicasio Pérez e a Avenida Castelao, pase pola Estrada do Pavillón e a Estrada da Gándara, saíndo de novo a Nicasio Pérez. Deste xeito daríase servizo a unha maior poboación, ao pavillón municipal e a outras instalacións. En canto á liña 3, rexéitase a súa eliminación ou proponse a adaptación de calquera outra liña para prestar o servizo ós veciños de Narón ó Hospital Arquitecto Marcide e ós institutos da zona.

Hoxe tamén se aprobou por unanimidade o convenio de colaboración entre o Concello de Narón e a Universidade de A Coruña en materia de bono bus universitario. O consistorio naronés destinará unha achega total de 18.980 € para o transporte diario de veciños/as de Narón ás facultades da Universidade de A Coruña, repartidos en dúas anualidades correspondentes ós cursos académicos 2014/2015 e 2015/2016.

Hoxe tamén foi aprobado de xeito unánime un convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Empresarias de Ferrol e Comarca (AECOFE), para a realización de actividades relacionadas co comercio de Narón. En concreto, crearanse obradoiros e impartiranse módulos didácticos que axuden a facer do comercio de Narón un comercio máis competitivo, dinámico, moderno, tecnolóxico e con identidade propia. As actividades deste convenio inclúen, entre outras, o deseño e montaxe de escaparates, publicidade e márketing. O convenio ten unha dotación económica de 6.000€ e unha vixencia anual, finalizando en decembro de 2014.

Asimesmo, deuse luz verde ó convenio entre o Concello de Narón e a Asociación Terrarrendible, por importe de 12.000€. O acordo permitirá realizar actuacións de interese xeral para a comunidade no ámbito agroforestal. En concreto, levarase a cabo unha estreita cooperación en todo o referido ó aproveitamento sustentable de montes e terras baldías, e en temas forestais e agrogandeiros e de desenvolvemento rural. Foi aprobado por unanimidade.

Tamén ratificouse de xeito unánime unha resolución de Alcaldía na que se aproba a modificación dun proxecto incluído no “Plan DTC 93 unha Deputación para todos os concellos”. En concreto, anúlase a obra de “Cambio de cuberta nos vestiarios do Pavillón das Lagoas” e se sustitúe pola “Pavimentación das rúas Vilalba, Vilavella e As Pontes” (sen variar o seu orzamento, fixado en 35.638,43€). Tamén se aprobou a modificación do proxecto da obra “Beirarrúas en Catro Camiños e calzada en Rúa Bouzas” pola obra “Reposición de beirarrúas en Rúa Pérez Lugín e de calzada en Avenida Cataluña e Rúa Bouzas” (sen variar o seu orzamento, fixado en 62.806,49€).

No apartado de mocións, foi aprobado un texto do BNG sobre o xenocidio que o estado de Israel está a cometer contra Palestina, na que se condena “o ataque criminal perpetrado polo Estado de Israel contra a faixa de Gaza”, e se reclama “que cesen de inmediato os ataques e bombardeos israelís contra o pobo palestiniano”. Foi aprobada por tódolos grupos políticos agás o PP que se abstivo.

A continuación, aprobouse unha moción do goberno municipal (TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto) sobre o dereito á auga e ó saneamento na que se insta á Xunta de Galicia “a que colabore económicamente co Concello de Narón por medio dun convenio plurianual na realización de obras da rede de abastecemento de auga e saneamento na zona rural de Narón que faltan por realizar”. O grupo do PP tamén abstívose nesta votación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal