Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
FESTA INFANTIL DE FIN DE VERÁN NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
FESTA INFANTIL DE FIN DE VERÁN NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
Celébrase o domingo 7 de setembro, con entrada de balde. Haberá actividades para nen@s, mocidade e familias.
Narón, 4 de Setembro de 2014.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa a I Festa Infantil ‘Cidade de Narón’ que se desenvolverá na xornada do domingo 7 de setembro no Parque Fluvial do Río Freixeiro, con entrada de balde.

Baixo o lema “Despídete do verán”, este evento nace con vocación de continuidade, tal e como sinalou a edil na súa comparecencia desta maña. “Trátase dunha festa pensada para toda a familia, na que poden participar dende os máis pequenos da casa ata adolescentes, pais e nais, e mesmo avós. A nosa intención é consolidar este evento como unha forma de despedir o verán” indicou a edil de Festas.

Para levar a cabo esta proposta, cóntase coa colaboración da empresa La Guagua Animación Sociocultural, especialista en animación infantil. Os asistentes poderán disfrutar con simuladores de surf, inchables (algúns deles acuáticos), unha pista americana con obstáculos, festa da espuma, e masterclass de danzas urbanas e de zumba. No caso de choiva, instalarase unha carpa no parque fluvial para dar cabida ás actividades.

Horarios da I Festa Infantil ‘Cidade de Narón’:

-11:30 a 13:30 horas: Atraccións infantís (haberá 3 simuladores de surf, 3 inchables normais e outros 2 inchables acuáticos, e unha pista americana con obstáculos)

-11:30 horas: Master class de Danzas Urbanas (exhibición de coreografías coa participación do público)

-12:30 a 14:00 horas: Festa da Espuma (acompañada de bailes, xogos e coreografías para toda a familia)

-16:30 a 19:00 horas: Atracción infantís.

-19:30 a 20:30 horas: Show musical “Canta baila”.

-20:30 a 21:30 horas: Master class de Zumba.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal