Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ACHEGA 30.000 € Á FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DE ACCIÓN SOCIAL
O CONCELLO ACHEGA 30.000 € Á FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DE ACCIÓN SOCIAL
O importe se destina a programas específicos de vivenda, educación, emprego e sensibilización social.
Narón, 3 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Fundación Secretariado Xitano, Pedro Puente Fernández, asinaron hoxe no Concello un convenio de colaboración en materia de acción social, acompañados pola concelleira da área, Catalina García.

En virtude deste acordo, o Concello de Narón destinará un total de 30.000 euros ó financiamento das actividades e á prestación de servizos destinados á integración da comunidade xitana nos eidos escolar, social e laboral. A Fundación Secretariado Xitano comprométese a levar a cabo accións en catro grandes áreas:

-Vivenda (acompañamentos sociais e de educación familiar coas familias que estean en situación de tránsito cara a vivenda normalizada).
-Educación (garantir a integración plena no ámbito escolar da infancia de etnia xitana).
-Emprego (achegamento ós recursos de formación profesional e emprego das persoas desempregadas).
-Sensibilización social (a través de campañas de sensibilización).

Ademais de asinar o convenio correspondente ó ano 2014, o Alcalde de Narón e o presidente da Fundación Secretariado Xitano debatiron sobre a problemática cuestión das infravivendas de Freixeiro, cuxa solución pasaría por tres partes: a colaboración social, o orde público e o desenvolvemento urbanístico de esa zona.

Para este último tema, habería que implicar a outras administracións coma a Xunta de Galicia, de quen dependería a redacción dun plan especial de desenvolvemento urbanístico, cuxo desenvolvemento podería estar cofinanciado con fondos da Unión Europea. “Esa sería a solución definitiva para acabar coas infravivendas de Freixeiro e co tráfico de estupefacientes nese lugar. O Concello estaría disposto a colaborar na medida das súas posibilidades para poder desenvolver ese proxecto, pero a Xunta tería que dar o primeiro paso a través da redacción dese plan especial de urbanismo, como xa fixo noutras zonas de Galicia” sinalou o Alcalde, José Manuel Blanco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal