Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ABRE O DÍA 8 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS CLASES DE MÚSICA E A AULA DE ENSAIO
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ABRE O DÍA 8 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS CLASES DE MÚSICA E A AULA DE ENSAIO
Ofértanse clases de baixo, guitarra e batería para mozos/as de 12 a 30 anos de idade.
Narón, 5 de Setembro de 2014.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, abrirá o vindeiro luns 8 de setembro o prazo de inscrición para asistir á Escola de Música Moderna, e para utilizar a Aula de Ensaio para grupos noveis.

As inscricións poden formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello, en horario de mañá.

As persoas interesadas deberán ter entre 12 e 30 anos, en ambas opcións. As instalacións se sitúan na Casa da Mocidade, e permanecen abertas de luns a venres en horario de 17 a 20 horas.

A Escola de Música Moderna oferta para este curso 2014/2015 clases dos seguintes instrumentos musicais:

-Baixo.
-Guitarra (divididas en dous niveis: iniciación e perfeccionamento).
-Batería.

O prezo das clases é de 8,15€ mensuais por alumno/a. No caso da Aula de Ensaio, a taxa é a mesma por cada integrante do grupo, e en cada sesión de ensaio. Para empregar a aula, alomenos un dos integrantes do grupo deberá ser de Narón.

As clases iniciaranse no mes de outubro, e os grupos iranse conformando segundo a demanda existente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal