Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE EDITA O NÚMERO 11 DA REVISTA 'DAMEUNTOKE'
Os 1.000 exemplares disponibles se repartirán en centros de ensino e espazos públicos municipais.
Narón, 17 de Setembro de 2014.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, ven de presentar o número 11 da revista xuvenil ‘Dameuntoke’ de carácter gratuito e dirixida á mocidade de Narón. Como en edicións anteriores, repartiranse un total de 1.000 exemplares nos centros educativos de Narón( I.E.S Terra de Trasancos, I.E.S As Telleiras, CPI O Feal, CPR Ayala, e CPR Santiago Apóstol) nos niveis educativos de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Asimesmo, estará disponible no Pavillón Polideportivo de A Gándara, na Casa da Mocidade, no Pazo da Cultura, no Concello, na Biblioteca Municipal do Alto e no Centro Municipal de Formación O novo número da revista ‘Dameuntoke’ inclúe, entre outros contidos, tres reportaxes sobre o Club Tenis de Mesa Narón, unha webserie de humor (creada por xente de Narón e con guión e dirección de José Prieto) a a asociación de persoas con diversidade funcional “Vida Activa”. Tamén amósanse 10 aplicacións gratuitas para teléfonos móviles que axudan á mocidade a estudiar, e un resumo do Encontro da Mocidade 2014.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal