Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN NON INCREMENTARÁ AS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS PREVISTOS PARA O ANO 2015
O CONCELLO DE NARÓN NON INCREMENTARÁ AS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS PREVISTOS PARA O ANO 2015
Ademáis de conxelarse as Ordenanzas Fiscais, se manterán as bonificacións para as rendas máis desfavorecidas.
Narón, 17 de Setembro de 2014.- O Concelleiro de Xestión Orzamentaria de Narón, Pablo Villamar, explicou hoxe en rolda de prensa que o goberno municipal está a traballar na elaboración das Ordenanzas Fiscais e dos Orzamentos Municipais do ano 2015. “Agardamos aprobar as Ordenanzas no mes de outubro e o Orzamento en novembro para que ambos poidan entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2015” indicou.

A principal novidade de cara ó ano 2015 é que as Taxas e Prezos Públicos non se incrementarán no vindeiro ano, ó aplicárselles o IPC interanual (fixado nun -0,3%). Polo tanto os Orzamentos do 2015 estarán conxelados, o que supón que non haberá unha suba nin de impostos nin de taxas públicas no 2015.

Asimesmo, o Concelleiro de Xestión Orzamentaria indicou que se manterán as bonificacións das taxas para as rendas máis baixas, na mesma proporción que en anos anteriores. Así, dependendo do nivel de renda, as execcións poden chegar ata o 100% do total. “Seguiremos mantendo o apoio ás rendas máis desfavorecidas como o viñemos facendo dende sempre, porque ese é o noso compromiso político” concluíu Pablo Villamar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal