Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE DE NARÓN E O REITOR DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA ASINAN UN CONVENIO PARA O FINANCIAMENTO DO TRANSPORTE UNIVERSITARIO
O ALCALDE DE NARÓN E O REITOR DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA ASINAN UN CONVENIO PARA O FINANCIAMENTO DO TRANSPORTE UNIVERSITARIO
Subvencionará nun 50% o prezo do billete de autobús para o desprazamento de estudiantes naroneses ós campus de A Coruña.
Narón, 16 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Reitor da Universidade de A Coruña (UDC), Xose Luis Armesto, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de ensino. Estiveron acompañados pola Vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres, e a Concelleira de Ensino de Narón, Mª del Carmen Espada.

O acordo permitirá o financiamento do transporte universitario de veciños/as de Narón aos centros da Universidade de A Coruña (situados no Campus de A Coruña) para os cursos 2014/2015 e 2015/2016.

As axudas para o pago bono bus de transporte universitario chegarán ó 50% do importe do billete, que será cofinanciado polo Concello de Narón (que aportará o 20%) e a UDC (o 30% restante). O estudante achegará o 50% restante do custe total do billete de transporte ó campus universitario.

Por parte do Concello de Narón, resérvanse para estes dous cursos académicos un total de 37.960€ que se destinarán ó financiamento deste servizo, nos termos citados anteriormente.

Logo de asinar o acordo, o Reitor da UDC destacou a contribución que estase a facer por parte da universidade “para o acceso á educación superior por parte dos veciños de Narón, en igualdade de oportunidades que o resto”, comentou José Luis Armesto. Pola súa banda, o Alcalde lembrou que “Narón sempre se involucrou na educación dos veciños, e todo o que podamos aportar neste campo sempre o imos a facer. Porque non debería haber impedimentos para que a xente poida acceder á educación, dende a Primaria ata a Universidade” recalcou José Manuel Blanco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal